Trofeo Memorial Quinocho

torneo amistoso de fútbol galego


O Trofeo Memorial Quinocho é un torneo futbolístico de verán[1] de carácter amigábel que se disputa anualmente no Estadio Municipal de Balaídos e que é organizado polo Celta de Vigo. Está dedicado ao antigo futbolista e xerente do equipo, Joaquín Fernández Santomé 'Quinocho', asasinado tras un atraco á sede do club.[2]

Modelo:Competición deportivaTrofeo Memorial Quinocho
Tipotorneo amistoso de fútbol Editar o valor em Wikidata
EpónimoJoaquín Fernández Santomé Editar o valor em Wikidata
OrganizadorReal Club Celta de Vigo Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónEstadio Abanca Balaídos (Vigo) 42°12′43″N 8°44′25″O / 42.21186, -8.74033Coordenadas: 42°12′43″N 8°44′25″O / 42.21186, -8.74033 Editar o valor em Wikidata
PaísEspaña Editar o valor em Wikidata
Vixencia1995 – Editar o valor em Wikidata


Comezou a disputarse no ano 1995 e, desde entón celebrouse todos os anos en Balaídos, agás en 2001 que se disputou en Santiago de Compostela e mais en 2006 que se disputou en Melgaço por mor do mal estado do céspede do estadio vigués[3][4], e nos anos 2020 e 2021 por mor da pandemia da COVID-19.

Finais

editar
Ano Campión Subcampión Resultado
1995   Celta de Vigo   Compostela 1–2
1996   Celta de Vigo   Athletic de Bilbao 2–1
1997   Vitória de Guimarães   Celta de Vigo 2–1
1998   Celta de Vigo   Betis 2–0
1999   Celta de Vigo   Betis 2–1
2000   Celta de Vigo   Roma 1–1 (p)
2001[5]   Celta de Vigo   Las Palmas 2–0
2002   Celta de Vigo   Vitória de Guimarães 4–0
2003   Celta de Vigo   Olympiakos 2–2 (3–1 p)
2004[6]   Celta de Vigo   Sporting de Braga 3–2
2005   Celta de Vigo   Sporting de Braga 2–0
2006[7]   Celta de Vigo   Sporting de Braga 2–1
2007   Celta de Vigo   Boavista 3–1
2008   Celta de Vigo   Numancia 0–0 (5–4 p)
2009   Celta de Vigo   Valladolid 1–0
2010   Paços de Ferreira   Celta de Vigo 1–0
2011   Celta de Vigo   Sporting de Braga 2–1
2012   Celta de Vigo   Wigan Athletic 1–0
2013   Celta de Vigo   Southampton F.C. 0–0 (4-1 p)
2014   Celta de Vigo   Cagliari 4–0
2015   Celta de Vigo   Genoa 4–0
2016   Celta de Vigo   Sporting de Braga 2-1
2017   Udinese Calcio   Celta de Vigo 1-1 (3-2 p)
2018   Mainz 05   Celta de Vigo 2-1
2019   Società Sportiva Lazio   Celta de Vigo 2-1
2022   Celta de Vigo   Al-Shabab Club 6-0
2023[8]   Celta de Vigo   Olympique Lyonnais 1-0

Palmarés

editar
Equipo Títulos Anos
  Celta de Vigo 21 1995, 1996, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2022, 2023
  Vitória de Guimarães 1 1997
  Paços de Ferreira 1 2010
  Udinese Calcio 1 2017
  Mainz 05 1 2018
  Società Sportiva Lazio 1 2019
  1. A X edición do torneo, celebrada o 4 de xaneiro de 2005, foi a única que non se disputou en verán.
  2. O xerente do Celta, asasinado nova aparecida no diario El País (en castelán)
  3. "El Memorial Quinocho regresa un año después". En 20minutos.es. Consultado o 26 de xullo de 2012. (en castelán)
  4. "El Celta suspende sus amistosos en Balaídos". El Mundo (en castelán). 10 de agosto de 2006. Consultado o 29 de outubro de 2019. 
  5. Edición celebrada no estadio de San Lázaro, Santiago de Compostela.
  6. En realidade, esta edición xogouse o 4 de xaneiro do ano 2005. Así se indica na hemeroteca de El Mundo Deportivo.
  7. Disputado en Melgaço, por mor do mal estado do céspede de Balaídos.
  8. A edición do ano 2023 denominouse Copa Centenario, por mor da celebración do Centenario do conxunto celeste, fundado en 1923.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar