Joaquín Fernández Santomé
Joaquín Fernández Santomé "Quinocho", nado en Vigo o 17 de maio de 1932 e finado na mesma cidade o 20 de outubro de 1988, foi un xogador de fútbol galego, que desempeñaba o seu labor na demarcación de defensa. Foi asasinado por uns ladróns nas instalacións de Balaídos e o Real Club Celta creou un torneo na súa memoria.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1933 Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 20 de outubro de 1988 (55 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | homicidio | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Outros nomes | Quinocho | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1953 - 1968 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarIniciou a súa carreira deportiva no equipo do seu barrio, Casabranca, como extremo. Aos 19 anos o adestrador do Celta de Vigo fíchao e convérteo en defensa, aínda que nun principio é cedido ao Racing de Ferrol[1] aos tres meses e reclamado polo Celta outra vez, de onde xa non se movería durante 9 tempadas.
En 1962 remata o seu contrato co Celta e ficha polo Castellón, onde permanecería primeiro como xogador e despois como secretario técnico, ata que en 1974 o por entón presidente do Celta de Vigo, Antonio Vázquez Gómez, propúxolle facerse cargo da xerencia do club.
O xoves 20 de outubro de 1988 ás 18:30 da tarde dous encapuchados entraron na sede do Celta no estadio de Balaídos, cando Quinocho se atopaba preparando o desprazamento do equipo olívico a Donostia. Os ladróns marcharon cun botín de 100.000 pesetas, deixando atrás a Joaquín Fernández Santomé ferido de morte coa arteria pulmonar e a aorta seccionadas tras encararse cos dous agresores, chegando xa morto á clínica Povisa.
Quinocho foi sepultado no Cemiterio de Pereiró nun enterro multitudinario suspendéndose o partido contra a Real Sociedad en sinal de duelo. En 1995 creouse o Trofeo Memorial Quinocho en homenaxe ao histórico xogador.
Notas
editar- ↑ "Los casablanquistas Quinocho y Abalde jugarán el domingo con el Ferrol en Zaragoza". El Pueblo Gallego. 2 de outubro de 1953. p. 4.