Tríscele

motivo decorativo propio da cultura castrexa, formado por tres ou máis aspas curvadas inscritas nunha circunferencia
(Redirección desde «Triskel»)

Un tríscele (do grego τρισκέλιον [triskélion]; τρισκελής [triskelís], "con tres pernas") é un símbolo celta formado por tres espirais entrelazadas, por tres pernas humanas flexionadas ou por calquera deseño similar que conteña a idea de simetría rotacional.

Tríscele espiral. O número tres, ao igual que noutras culturas, aparece constantemente na celta.
Tríscele de tres pernas presente na bandeira da Illa de Man.

Simboloxía editar

Representa as tríades da vida en eterno movemento e equilibrio. Exemplos:

O tríscele é o símbolo identificativo de cinco nacións europeas: Bretaña, a Illa de Man, Galiza, Asturias e Sicilia. Os trísceles de Man e de Sicilia están formados por tres pernas dobradas e entrelazadas na rexión da virilla. Mais, mentres o tríscele de Man son tres pernas envolvidas por unha armadura, o tríscele siciliano contén no seu centro a imaxe da cabeza dunha Medusa. O tríscele de Galiza e Asturias son tres medias lúas xirando sobre o mesmo punto.

Orixes editar

 
Tríscele no terminal dun torques (Museo do castro de Santa Trega).

Este importante símbolo é unha especie de estrela de tres puntas, xeralmente curvadas, que lle confire ao símbolo unha fluidez de movemento. Pode tamén definirse como un conxunto de tres espirais concéntricas. É un dos elementos máis presentes na arte celta, e ten a súa orixe atribuída aos pobos mesolíticos e neolíticos. O tríscele é un antigo símbolo indoeuropeo. Tamén era utilizado por pobos xermánicos e gregos.

Os celtas consideraban o tres como un número sagrado. A primitiva división do ano en tres estacións (primavera, verán e inverno) pode ter tido o seu efecto na triplicación dunha deusa da fertilidade coa cal o curso das estacións se asociaba.

Ou sexa, o tríscele, coas súas tres puntas, está asociado ao fluxo das estacións e por consecuencia representa a propia Deusa. Ademais, temos unha conexión obvia coas tres fases da Deusa (Doncela, Nai e Anciá), ben como ás tres fases da Lúa (crecente, chea e minguante), ou incluso coa nosa natureza tripla (corpo, mente e alma). A súa presenza en achados arqueolóxicos en terras celtas, da Irlanda á Europa Oriental, atesta a súa ampla adopción polos antigos.

A iconografía continental atribúe grande énfase ao simbolismo da tríade, o concepto da triplicidade, e o contido mítico-literal ausente no continente é amplamente fornecido pola infinidade de variacións dese tema na literatura irlandesa e galesa.

Galería de imaxes editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar