Na mitoloxía de Tolkien, os Tres Aneis son artefactos máxicos forxados polos elfos de Eregion. Despois do Anel Único, eran os máis poderosos dos Aneis de Poder.[T 1] Os Tres Aneis foron creados por Celebrimbor despois de que Sauron, disfrazado de Annatar, marchase de Eregion. Estes estaban libres da influencia de Sauron, xa que non participou na súa creación. Porén, foron forxados por Celebrimbor coas artes que lle ensinou Sauron e, polo tanto, aínda estaban ligados ao Anel Único. Ao percibir a intención de Sauron, os elfos ocultáron os Tres. Foron levados dende a Terra Media ao benaventurado reino de Valinor a finais da Terceira Idade, despois da destrución do Anel Único.

Os estudosos da obra de Tolkien observaron que os Tres Aneis permitiron aos elfos deter o paso do tempo dentro dos seus reinos, especialmente en Lothlórien, onde Galadriel esgrimía o anel Nenya. Outros observaron que o seu poder era benevolente, en forte contraste co Anel Único, e podían usarse para protexer e curar; e que Tolkien usa os Tres Aneis para elaborar os aspectos anxelical e de sacrificio dos elfos na batalla entre o ben e o mal na guerra do Anel.

Descrición editar

Os Tres Aneis élficos[T 2]
Nome Elemento Cor Pedra Metal Portador
Narya Lume Vermello Rubí descoñecido Gil-galad, despois Círdan, despois Gandalf
Nenya Auga "Branco" (claro) Adamanto Mithril Galadriel
Vilya Aire Azul Zafiro Ouro Gil-galad, despois Elrond

Notas editar

Fontes primarias editar

Esta lista identifica a localización de cada elemento nos escritos de Tolkien.
  1. Tolkien (1977), "Of the Rings of Power and the Third Age": "Now these were the Three that had last been made, and they possessed the greatest powers"
  2. Tolkien (1977), "Of the Rings of Power and the Third Age"

Véxase tamén editar

Bibliografía editar