Trazo distintivo

En lingüística, coñécese como trazo distintivo ou marcado o trazo lingüístico que serve para caracterizar unha unidade lingüística para un falante. O sistema de trazos distintivos dáse en tódolos niveis da análise lingüística (fonética, fonoloxía, morfosintaxe, semántica) e permite que o falante non deba ser consciente de tódalas características da fala cognitivamente.

Exemplo na fonéticaEditar

En castelán non hai vogais semiabertas e semipechadas, pero en galego si. O trazo distintivo do grao de abertura vocálica existe en galego pero non en castelán, porque un castelánfalante non debe interpretar se a primeira vogal de ven e a de ben ou vén (o til non está estipulado pola norma ortográfica) son distintas ou non: para el son iguais e non fará distincións de significado, pero un galego distinguirá o verbo en imperativo do adverbio ou do indicativo.

Do mesmo xeito hai linguas (como o francés) que diferencian se a vogal medio aberta ou medio pechada, está arredondada ou non e, polo tanto, pode haber parellas de palabras que se distingan só por ese motivo: o trazo do arredondamento é distintivo en francés.

Exemplo na semánticaEditar

Mentres que en galego existe un límite léxico entre verde, turquesa, azul, azul marino, azul cobalto etc. noutras linguas non se diferencia do mesmo xeito. O nivel e aplicación de trazo distintivo non se dá só entre linguas (por exemplo, no xaponés).

Está demostrado que dentro das variedades dunha lingua pode haber diferente aparición dos trazos distintivos: iso pasa no chamado discurso feminino para malva, burdeos, berenxena, violeta, lila, rosa etc., que no caso dos homes non é tan doado de identificar (á parte de daltonismo).