O Trafalgar Park é un estadio da cidade de Nelson (Nova Zelandia), inaugurado en 2008 e que ten unha capacidade para acoller a uns 20.080 seareiros.

Trafalgar Park
Trafalgar Park
Datos
Coordenadas41°16′01″S 173°16′59″L / -41.266944, 173.283056
LocalizaciónNelson, Nova Zelandia
Construción
Inauguración2008
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade20.080
PropietarioNelson City Council
LocalíaTasman (ITM Cup)
Crusaders (Super Rugby)
Webhttp://www.nelson.govt.nz/recreation/venues-and-grounds/trafalgar-park/trafalgar-park-nelson/
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O recinto está destinado principalmente á práctica do rugby da man do Tasman, equipo que compite na ITM Cup, e tamén á práctica do crícket. Os Crusaders do torneo Super Rugby víronse obrigados a xogar como locais neste estadio un total de 4 encontros na tempada 2011 por mor do terremoto de 6'3º na escala Richter que sufriu a cidade de Christchurch en febreiro de 2011, que causou 145 mortes e moitos danos no estadio do Crusaders.

Copa do Mundo de Rugby 2011

editar

Este é un dos estadios que Nova Zelandia escolleu para que se disputaran nel 3 dos encontros da primeira fase da Copa do Mundo de Rugby 2011 que o país maorí organizou entre o 9 de setembro e o 23 de outubro de 2011:

20 de setembro de 2011
19:30
  Italia 53-17   Rusia Trafalgar Park
Árbitro: Wayne Barnes (ENG)
27 de setembro de 2011
19:30
  Italia 27-10   Estados Unidos Trafalgar Park
Árbitro: George Clancy (IRE)
1 de outubro de 2011
15:30
  Australia 68-22   Rusia Trafalgar Park
Árbitro: Bryce Lawrence (NZL)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.