Trío tradicional
O trío tradicional, é unha agrupación musical galega formada por gaita, tambor, e bombo.[1]
Trío tradicional | |
---|---|
![]() | |
Orixe cultural | ![]() |
Instrumentos típicos | Gaita galega Tambor / Caixa Bombo |
Características
editarO gaiteiro galego foi un músico principalmente solista até o século XVIII. Naquela altura comezou a acompañarse asiduamente do tamborileiro, formando o tradicional dúo de gaita e tamboril. Este dueto predominou nas festas e romarías galegas até mediados do século seguinte, cando apareceron en Galiza as bandas de música. Estas novas agrupacións introduciron no panorama musical galego toda unha serie de novos instrumentos que axiña foron adoptados polos músicos populares. Un deles, o bombo, incorporouse ao dúo de gaita e tambor orixinando o trío tradicional, conxunto que se estendeu a todo o país, agás nas zonas montañosas do leste onde o bombo non chegou até moi avanzado o século XX.[2]
-
Trío de gaita, caixa e bombo en Liber, Becerreá.(1914).
-
Trío de gaita de barquín, caixa e bombo en Valença do Minho.
-
Treboada antiga de Benito Moure, con gaita de barquín, bombo de treboada e tambor.
-
Trío de Caetano Arias, o gaiteiro de Santa Baia. (ca. 1920).
-
Xoán Tilve, o gaiteiro de Campañó, xunto aos seus fillos Xoán (tambor) e Manuel (bombo). (ca. 1940).
Notas
editar- ↑ "Agrupacións". Un paseo pola música de Galicia. Consultado o 2021-07-14.
- ↑ "Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega » O gaiteiro". Consultado o 2021-10-19.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carpintero Arias, Pablo (2010). Os Instrumentos musicais na tradición galega. Difusora de Letras, artes. ISBN 8492958057.