Torcuato Ulloa
xornalista e escritor galego
(Redirección desde «Torcuato Ulloa Varela»)
Torcuato Ulloa Varela, nado en Pontevedra en 1863 e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 1946, foi un xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1863 Pontevedra, España |
Morte | 16 de agosto de 1946 (82/83 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Isolina Martínez Besada |
Irmáns | Darío Ulloa |
Traxectoria editar
Na súa xuventude viviu en París e despois residiu en Madrid onde colaborou en El Imparcial. Regresou a Pontevedra e traballou na Sección de Fomento. Participou na creación da revista El Adelanto, foi redactor de La Voz de Helenes e fundou o periódico El Noticiero Gallego e a revista ilustrada Galicia Cómica. Colaborou en Crónica de Pontevedra, Galicia Moderna e Diario de Pontevedra e foi correspondente de El Imparcial de Madrid e La Vanguardia de Barcelona.
Obras editar
- Arlequinada, 1893, A. Landín Editor.[1] Hai unha edición facsímile de Ediciós do Castro.
Recoñecementos editar
Gran Cruz de Afonso XII, polo seu labor na Sociedade Económica de Amigos do País.
Vida persoal editar
Casou con Isolina Martínez Besada.
Notas editar
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 428.