Tombouctou
Tombouctou[1] (en francés Tombouctou e na lingua Koyra Chiini Tumbutu; ás veces escrita Timbuktu) é unha cidade da rexión de Tombouctou, en Malí. Foi o centro intelectual e espiritual que favoreceu o espallamento do islam en África nos séculos XV e XVI. É a sede da prestixiosa Universidade Sankore, ademais doutras madrasas. As tres grandes mesquitas, Djingareyber, Sankore e Sidi Yahya, son os maiores expoñentes da idade dourada de Tombouctou, e aínda que foron restauradas en varias ocasións na actualidade corren risco de desertización.
Tombouctou (fr) تمبكتو (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Malí | ||||
Rexión | Tombouctou (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 35.330 (2012) (238,89 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 14.789 ha | ||||
Altitude | 261 m | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave | |||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio cultural → África | ||||
Data | 1988 (12ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iv) e (v) | ||||
En perigo | 1990 - 2005 | ||||
Identificador | 119rev | ||||
Debido á súa situación a uns 15 km ao norte do río Níxer, no cruzamento das rutas comerciais transaharianas dende o Sáhara ata Araouane, foi historicamente importante polo comercio de rochas de sal procedentes de Taoudenni. Tamén foi o punto de encontro entre os pobos no oeste africano, nómades bérberes, pobos árabes do norte e comerciantes xudeus. Este feito deulle á cidade un halo fabuloso, sendo recoñecida en moitos lugares coma unha terra afastada e exótica. Na actualidade, Tombouctou ten unha poboación pertencente ás etnias songhai, tuareg, fulbe e mandé.
A maior contribución de Tombouctou á civilización mundial e ao islam foi a súa produción cultural. Arredor do século XIV escribíronse e copiáronse moitos libros, e a cidade comezou a considerarse coma un lugar importante da tradición escrita en África. Por esta razón, a Unesco declarou a cidade e a rexión como Patrimonio da Humanidade no ano 1988.
Cidades irmás
editarTombouctou está irmandada coas seguintes cidades:[2]
Notas
editar- ↑ Entrada Tombouctou na Diciopedia do século 21
- ↑ "Timbuktu 'twins' make first visit". BBC News. 24 de outubro de 2007. Consultado o 24 de maio de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tombouctou |
Ligazóns externas
editar- Tombouctou na páxina da Unesco (en inglés)
- Okolo Rashid. Legacy of Timbuktu: Wonders of the Written Word Exhibit - International Museum of Muslim Cultures [1] (en inglés)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |