Tomasz Kamusella, nado en 1967 en Koźle, é un historiador e politicólogo polaco, especialista nas relacións entre política lingüística, nacionalismo e etnicidade.

Infotaula de personaTomasz Kamusella

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1967 Editar o valor em Wikidata (56/57 anos)
Koźle, Polonia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Centroeuropea
Universidade da Silésia em Katowice (pt) Traducir
Universidade de Ciências Sociais e Humanidades (pt) Traducir
North-West University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , profesor universitario , politicólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de St Andrews Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enCiencia política Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webst-andrews.ac.uk… Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Graduouse en filoloxía inglesa na Universidade de Silesia, e realizou estudos de posgrao en literatura inglesa na Universidade de Potchefstroom (Suráfrica) e de estudos europeos no campus de Praga da Universidade Centroeuropea. Doutorouse en ciencias políticas no Instituto Occidental de  Poznań, Polonia e logrou a habilitación en estudos culturais na Universidade de Ciencias Sociais e Humanidades de Varsovia.

Actividade académica editar

Entre 1995 e 2007 deu clases na Universidade de Opole en Polonia, e de 2002 a 2006 realizou investigación posdoutoral no  Instituto Universitario Europeo de Florencia, no Centro John W. Kluge da Biblioteca do Congreso en Washington, D. C., no Instituto de Ciencias Humanas de Viena[1] e no Herder-Institut de Marburg. Entre 2007-10 foi profesor visitante e ensinou historia europea centroriental e polaca e mais política no Trinity College de Dublín[2] en 2010-11 na Universidade de Economía de Cracovia[3] e en 2011 traballou no Centro de Investigación Eslavo da Universidade de Hokkaido en Sapporo.[4]. Dende 2011 imparte clases na Escola de Historia da Universidade de St Andrews, St Andrews en Fife (Escocia)[5]

The Politics of Language and Nationalism in Modern Central Europe (2008)— a principal síntese de Kamusella sobre historias, nacionalismos e linguas na Europa central e do leste— recibiu eloxios nas principais revistas académicas[6][7][8][9], e mais tamén de Timothy Snyder de Yale e Peter Burke de Cambridge.[10]

Actividade na administración editar

En 1996 converteuse no plenipotenciario de integración europea de Opole, e de 1999 a 2002 foi asesor de asuntos internacionais da autoridade rexional de Opole. En colaboración coa Universidade de Opole, entre 1997 e 2001 logrou do Consello de Europa o finaciamento para a creación do Centro de Documentación Europeo en Opole para a difusión do acervo comunitario entre a poboación rexional e que conformou a base para a fundación do departamento de dereito da Universidade de Opole. En 1998, no marco do Programa de Visitantes da Unión Europa, acudiu á Comunidade Autónoma de Galicia o que permitiu a sinatura o ano seguinte dun acordo de cooperación entre Galicia e a rexión de Opole.[11]

Obra editar

  • Schlonzsko: Horní Slezsko, Oberschlesien, Górny Śląsk. Esej o regionie i jego mieszkańcach. Elbląska Oficyna Wydawnicza, Elbing 2001, ISBN 83-913452-2-X.
  • Polsko-angielsko-niemiecki glosariusz regionalny Województwa Opolskiego. Oficyna Piastowska, Opole, 2004, ISBN 83-89357-18-6.
  • Schlonzska mowa. Język, Górny Śląsk i nacjonalizm. Vol. I, NOS, Zabrze, 2005, ISBN 83-919589-2-2.
  • Schlonzska mowa. Język, Górny Śląsk i nacjonalizm. Vol, II, NOS, Zabrze, 2006, ISBN 83-919589-2-2.
  • W bżuhu vieloryba. Wydawnictwo A Marszałek, Toruń, 2006, ISBN 83-7441-383-2.
  • Schlonzsko: Horní Slezsko, Oberschlesien, Górny Śląsk. Esej o regionie i jego mieszkańcach. 2 vol. NOS, Zabrze, 2006, ISBN 83-60540-51-9.
  • Uwag kilka o dyskryminacji Ślązaków i Niemców górnośląskich w postkomunistycznej Polsce NOS, Zabrze, 2007, ISBN 978-83-60540-68-8.
  • Silesia and Central European Nationalisms: The Emergence of National and Ethnic Groups in Prussian Silesia and Austrian Silesia, 1848–1918. 2007. West Lafayette, IN: Purdue University Press, 386 pp. ISBN 978-1-55753-371-5.
  • O Schlonzsku i nacjonalizmie. NOS, Zabrze, 2008, ISBN 978-83-60540-60-2.
  • Maski i twarze nacjonalizmu. NOS, Zabrze, 2008, ISBN 978-83-60540-84-8.
  • The Politics of Language and Nationalism in Modern Central Europe. 2009. Basingstoke, UK: Palgrave Macmillan, 1168 pp. ISBN 9780230583474.
  • Ślōnsko godka. NOS, Zabrze, 2014, ISBN 978-83-60540-22-0.
  • Warszawa wie lepiej Ślązaków nie ma. O dyskryminacji i języku śląskim. NOS, Zabrze, 2014, ISBN 978-83-60540-21-3.
  • Creating Languages in Central Europe During the Last Millennium. 2015. Basingstoke: Palgrave Pivot, 168 pp.; ISBN 9781137507839.
  • The Un-Polish Poland, 1989 and the Illusion of Regained Historical Continuity. 2017. Basingstoke: Palgrave Pivot, 162 pp.; ISBN 9783319600352.
  • Ethnic Cleansing During the Cold War: The Forgotten 1989 Expulsion of Turks from Communist Bulgaria (Ser: Routledge Studies in Modern European History). 2018. Londres: Routledge, 328pp. ISBN 9781138480520.

Notas editar

  1. "Tomasz Kamusella – IWM". Iwm.at. 29 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2018. Consultado o 03 de setembro de 2018. 
  2. "Trinity College, Dublin : Undergraduate Courses 2011" (PDF). Tcd.ie. Consultado o 19 de xuño de 2015. 
  3. "Katedra Studiów Europejskich UEK". Kse.uek.krakow.pl. 24 de abril de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2018. Consultado o 03 de setembro de 2018. 
  4. "Src Fvfp List". Src-h.slav.hokudai.ac.jp. 31 de xaneiro de 2014. 
  5. "Spotlight on Tomasz Kamusella". St Andrews School of History. 7 de decembro de 2012. 
  6. Dickins, Tom (2013). "Review: The Politics of Language and Nationalism in Modern Central Europe by Tomasz Kamusella". The Slavonic and East European Review 91 (4): 870–872. JSTOR 10.5699/slaveasteurorev2.91.4.0870. authoritative … comprehensive and pioneering … an indispensable source of empirical material … highly significant and is unlikely to be surpassed in its breadth and erudition for a long time to come. 
  7. Judson, P. M. (2015). "The Politics of Language and Nationalism in Modern Central Europe by Tomasz Kamusella". American Historical Review 120 (2): 737–738. doi:10.1093/ahr/120.2.737. 
  8. Spolsky, Bernard (2010). "Book Review: The Politics of Language and Nationalism in Modern Central Europe by Tomasz Kamusella". Lang Policy 9 (4): 375–377. doi:10.1007/s10993-010-9168-1. 
  9. Nic Craith, Máiréad (2011). "The Politics of Language and Nationalism in Modern Central Europe by Tomasz Kamusella". Anthropological Journal of European Cultures 20 (2): 138–141. JSTOR 43234449. 
  10. Tim Snyder, "European Romance," Times Literary Supplement, (26 de febreiro de 2010): 10–11.
  11. "Porozumienie o współpracy pomiędzy : Autonomiczną Wspólnotą Galicja w Królestwie Hiszpanii" (PDF). Umwo.opole.pl. Consultado o 19 de xuño de 2015.