Thomas Spencer Cobbold

Thomas Spencer Cobbold, nado o 26 de maio de 1828 en Ipswich, condado de Suffolk, Inglaterra, e finado o 20 de marzo de 1886 en Londres, foi un científico, médico e parasitólogo británico.

Thomas Spencer Cobbold
Nacemento26 de maio de 1828
Lugar de nacementoIpswich, Suffolk, Inglaterra
Falecemento20 de marzo de 1886
Lugar de falecementoLondres
Causadoenza cardiovascular
Nacionalidadebritánica
Alma máterUniversidade de Edimburgo
Ocupaciónmédico, botánico, docente, zoólogo (helmintólogo, parasitólogo), xeólogo,
PaiRichard Cobbold
OrganizaciónSt Mary's Hospital, London
Middlesex Hospital
British Museum
Royal Veterinary College
PremiosMembro da Royal Society
Na rede
WikiTree: Cobbold-53
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Thomas S. Cobbold neceu en Ipswich, e era o terceiro fillo do reverendo Richard Cobbold.[1]

Despois de graduarse en medicina na Universidade de Edimburgo en 1851, foi nomeado profesor de botánica no St Mary's Hospital de Londres (en 1857), e tamén de zooloxía e anatomía comparada no Hospital de Middlesex (en 1861).[1] Foi elixido membro da Royal Society en xuño de 1864.[2]

Desde 1868 traballou como lector de xeoloxía no Museo Británico até 1873, cando pasou a ser profesor de botánica no Royal Veterinary College (adscrito á Universidade de Londres), ocupando despois unha cátedra de helmintoloxía, que foi creada especialmente para el, nesa institución.[1] Foi presidente do Quekett Microscopical Club (unha sociedade erudita para a promoción da microscopía)[3], de 1879 a 1880. Morreu en Londres o 20 de marzo de 1886.

O seu tema primordial foi a helmintoloxía, particularmente o estudo dos vermes parasitos do home e dos animais e, como médico, gañou unha gran reputación no diagnóstico de casos que dependían da presenza de tales organismos.[1][4]

Obras Editar

Entre os seus numerosos escritos cómpre destacar:

  • Entozoa; an introduction to the study of Helminthology, with reference more particularly to the internal parasites of man, 1864.
  • Entozoa, a supplement to the last work, 1869.
  • The Grouse Disease, 1873.
  • The Internal Parasites of our Domesticated Animals, 1873.
  • Parasites, 1879.
  • Tapeworms, 1866; 4ª ed.n, 1883.
  • Worms, 1872.
  • Human Parasites, 1882.
  • Parasites of Meat and Prepared Flesh Food, 1884.
  • Our Food-producing Ruminants and the Parasites which reside in them, Cantor Lectures, 1871.
  • Catalogue of the Specimens of Entozoa in the Museum of the Royal College of Surgeons of England, 1866.[4]

Abreviatura Editar

A abreviatura Cobbold emprégase para recoñecer a Thomas Spencer Cobbold como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas Editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Chisholm 1911, p. 147.
  2. "Library and Archive Catalogue". Royal Society. Consultado o 22 de xaneiro 2021. [Ligazón morta]
  3. The Quekett Microscopical Club.
  4. 4,0 4,1 Bettany 1887, p. 147.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar