Theodore William Richards

químico estadounidense

Theodore William Richards, nado en Germantown, Pensilvania, (USA) o 31 de xaneiro de 1868 e finado en Cambridge, Massachusetts, (USA) o 2 de abril de 1928, foi un químico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química de 1914.

Infotaula de personaTheodore William Richards

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1868 Editar o valor en Wikidata
Germantown, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de abril de 1928 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Cambridge, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Mount Auburn (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Haverford College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseJosiah Parsons Cooke (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisicoquímica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de Princeton Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosGilbert N. Lewis Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoJames Bryant Conant (pt) Traducir, Gilbert N. Lewis, Hobart H. Willard (pt) Traducir e Charles Phelps Smyth (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
PaisWilliam Trost Richards (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Anna Matlack Richards (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnna Richards Brewster (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1417789 WikiTree: Richards-6442 Find a Grave: 6688143 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Os seus pais foron William T. Richards, pintor de paisaxes e mariñas, e Anna Matlack, poetisa. Foi educado primeiramente pola súa nai e viaxou a Inglaterra e Francia. En 1883 entrou no Colexio Haverford, en Pennsylvania, graduándose en ciencias en 1885 e accedendo á Universidade Harvard. Tras obter o doutoramento en 1888, pasou un ano en Alemaña, onde estudou con Victor Meyer, tomando clases nas universidades de Leipzig e Gotinga, e na Escola Técnica de Dresde.

De volta a Harvard, en 1891 foi nomeado profesor asistente de química, instrutor e, finalmente, profesor en 1901. En 1912 adxudicóuselle a cátedra Erving de química e a dirección do Laboratorio Wolcott Gibbs.

Investigacións científicas

editar

En 1914 foi galardoado co Premio Nobel de Química polos seus traballos para a determinación dos pesos atómicos de máis de vinte e cinco elementos con catro cifras decimales. En 1914 descubriu un isótopo do chumbo, acreditándose, desta forma, como un dos pioneiros da isotopía.

Formou parte da Comisión Internacional de Pesos Atómicos. Realizou tamén notables traballos nos campos da termoquímica, a electroquímica, a termometría e a calorimetría, así como sobre a dilatación e compresión dos gases. O profesor Richards recibiu diversas honras e doutoramentos honoris causa ao redor de todo o mundo.

Moitos dos seus traballos foron publicados nos Proceedings da Academia Americana de Artes e Ciencias, que presidiu entre 1919 e 1921.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Alfred Werner
Premio Nobel de Química
 

1914
Sucesor:
Richard Martin Willstätter