Gustav Heinrich Theodor Eimer (22 de febreiro de 1843 – 29 de maio de 1898) foi un zoólogo alemán. Foi un popularizador da teoría da ortoxénese, unha forma de evolución dirixida por medio de mutacións que utiliza os principios do lamarckismo.

Infotaula de personaTheodor Eimer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1843 Editar o valor em Wikidata
Stäfa, Suíza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte29 de maio de 1898 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Tubinga Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Prusia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Tubinga Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónzoólogo , profesor universitario , entomólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tubinga Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoJonathan Zenneck (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnna Eimer
Die Artbildung und Verwandtschaft bei den Schmetterlingen (A formación de especies e parentes nas bolboretas).

Vida e obra

editar

Eimer naceu en Stäfa, Suíza, onde o seu pai, que buscara refuxio despois dun intento de golpe de estado contra a Confederación Alemá en Frankfurt en 1833, practicaba a medicina. A nai de Eimer, Albertine Pfenniger, era suíza. Despois de estudar en institutos en Bruchsal e Friburgo, onde traballaba o seu pai, Eimer matriculouse en Tubinga, onde estivo influenciado por Franz von Leydig. Despois estudou desde 1863 en Friburgo, e en 1864 en Heidelberg para examinarse de Ciencias Naturais. Pasou o semestre invernal de 1865 na Universidade de Tubinga e en 1866 traballou en Berlin no laboratorio de Rudolf Virchow. Obtivo a licenciatura en medicina en 1867 e despois estudou zooloxía en Friburgo baixo a dirección de August Weismann ao que seguiron estudos en París. Doutorouse en Würzburg estudando a absorción das graxas no intestino baixo a dirección de Albert von Kölliker. Despois de pasar os seus primeiros anos de facultade como prosector na Universidade de Würzburg, converteuse en 1875 en profesor de Zooloxía e Anatomía comparada da Universidade de Tubinga. Eimer foi un dos fundadores da Sociedade Zoolóxica Alemá.[1]

O 18 de xullo de 1870 casou coa artista Anna Lutteroth, filla dun banqueiro de Hamburgo. Anna ilustraría as súas publicacións científicas durante o seu matrimonio.[2] Eimer presentouse voluntario para servir no exército durante o asedio de Estrasburgo, xunto coa súa esposa, que serviu como enfermeira. Porén, el caeu enfermo e veuse forzado a retirarse e foi á illa de Capri para recuperarse. Alí foi onde empezaron os seus primeiros estudos sobre ortoxénese. Eimer realizou os estudos (baseándose posiblemente nunha suxestión de Kölliker) cunha variante da lagarta italiana Podarcis siculus coeruleus atopada nas Rochas Faraglioni de Capri. Explicou que a illa tiña pouca vexetación o que fixo que a lagarta se volvese azul en vez de verde, que el afirmaba era unha cor parecida á das rochas e, polo tanto, adaptativa, pero non consideraba explicitamente a intervención da selección neste proceso. En traballos posteriores opúxose frontalmente á idea de selección como proceso.[3]

Eimer popularizou o termo ortoxénese (introducido orixinalmente por Wilhelm Haacke en 1893) para describir a evolución dirixida a vías específicas debido ás restricións na dirección da variación. Aínda que estas teorías gañaron popularidade en Alemaña na década de 1880, o seu traballo non foi amplamente coñecido no mundo anglofalante ata 1890, cando Joseph Thomas Cunningham traduciu a súa obra Die Entstehung der Arten auf Grund von Vererben erworbener Eigenschaften nach den Gesetzen organischen Waschsens (1888) co título Organic Evolution as the Result of the inheritance of Acquired Characters according to the Laws of Organic Growth. Este libro era predominantemente unha polémica neolamarckista contra August Weismann, o seu anterior profesor e neodarwinista. O traballo posterior de Eimer, traducido como On Orthogenesis, era un texto máis rixidamente ortoxenético, mentes que Organic Evolution mantiña unha pluralidade de mecanismos para a formación das especies.[4]

Os "órganos de Eimer" son órganos que se atopan nos individuos da familia das toupas, especialmente na especie Condylura cristata, e que reciben ese nome na súa honra. Describiu estes órganos en Talpa europaea en 1871. Eimeria, é un nome dun xénero de protozoos parasitos, tamén nomeado na súa honra.

Maria Linden foi unha estudante de Eimer, que traballou con el durante un tempo. Baixo a guía de Eimer graduouse en 1895 completou a súa tese sobre evolución da cuncha dos caracois e doutorouse en Ciencias Naturais. Linden traballou como asistente de Eimer ata 1899.[5]

Eimer estudou tamén a sistemática das bolboretas Papilionidae. O seu libro Die Artbildung und Verwandschaft bei den Schmetterlingen[6] publicouse postumamente a partir de 1889.

Eimer morreu en Tubinga por un problema intestinal.

  1. Andreas W. Daum, Wissenschaftspopularisierung im 19. Jahrhundert: Bürgerliche Kultur, naturwissenschaftliche Bildung und die deutsche Öffentlichkeit, 1848–1914. Múnic: Oldenbourg, 1998, pp. 245, 365, 389, 431, 485, incluíndo unha breve biografía.
  2. Churchill, Frederick B. (2015). August Weismann. Harvard University Press. ISBN 9780674286856. 
  3. Bowler, Peter J. (1979). "Theodor Eimer and Orthogenesis: Evolution by 'Definitely Directed Variation'". Journal of the History of Medicine and Allied Sciences (en inglés). XXXIV (1): 40–73. ISSN 0022-5045. PMID 381374. doi:10.1093/jhmas/XXXIV.1.40. 
  4. Ulett, Mark A. (2014). "Making the case for orthogenesis: The popularization of definitely directed evolution (1890–1926)". Studies in History and Philosophy of Science Part C: Studies in History and Philosophy of Biological and Biomedical Sciences (en inglés) 45: 124–132. PMID 24368232. doi:10.1016/j.shpsc.2013.11.009. 
  5. Mary R. S. Creese; Thomas M. Creese (2004). Ladies in the Laboratory 2. Scarecrow Press. pp. 119–122. ISBN 978-0-8108-4979-2. 
  6. Eimer, G. H. T. Die Artbildung und Verwandschaft bei den Schmetterlingen. Eine systematische Darstellung der Abänderungen, Abarten und Arten der Segelfalter-ähnlichen Formen der Gattung Papilio. xii + 243 pp., 4 pls., 23 figs., Gustav Fischer, Jena, 1889}}

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar