Un prosector [1][2] é unha persoa coa tarefa de preparar unha disección para a demostración ou estudo, normalmente en facultades de medicina ou hospitais. Moitos dos principais anatomistas comezaron a súa carreira traballando para profesores e demostradores de anatomía e patoloxía.

O acto difire do de soamente disecar ou diseccionar. Unha prosección é unha disección preparada profesionalmente por un prosector: unha persoa que coñece ben a anatomía e que, polo tanto, prepara un exemplar para que outros poidan estudar e aprender anatomía. Unha disección pode ser elaborada por un alumno que está a diseccionar o exemplar co obxectivo de coñecer máis as estruturas anatómicas que pertencen a ese exemplar.[3][4] O termo disección tamén se pode usar para describir o acto de cortar aplicado a outros ámbitos como a mecánica ou a informática.

Notas editar

  1. "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-05. 
  2. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-05. 
  3. DE GRAAF, R.; HOUWELING, H.; VAN ZESSEN, G., G. (1998-08-01). "Occupational risk of HIV infection among Western health care professionals posted in AIDS endemic areas". AIDS Care (en inglés) (4): 441–452. ISSN 0954-0121. PMID 9828964. doi:10.1080/09540129850123975. Consultado o 2022-02-17. 
  4. Gańczak, Maria; Boroń-Kaczmarska, Anna; Dziuba, Ireneusz (2003). "Pathologist and HIV--are safe autopsies possible?". Polish Journal of Pathology: Official Journal of the Polish Society of Pathologists 54 (2): 143–146. ISSN 1233-9687. PMID 14575423.