A Theatinerkirche que tamén é coñecida como a igrexa dos Teatinos debido a que estivo ao cargo dos padres da orde dos teatinos desde 1675 até 1801, ou San Caetano. É unha igrexa dedicada a San Caetano, localizada no centro de Múnic, no estado Alemán de Baviera. A igrexa foi edificada entre 1663 e 1690, e fundada polo elector Fernando I María e maila súa dona, Enriqueta Adelaida de Savoia, como xesto de agradecemento polo nacemento do desexado herdeiro da coroa bávara, o príncipe Maximiliano Manuel, en 1662.

Theatinerkirche
PaísAlemaña
Coordenadas48°08′31″N 11°34′35″L / 48.141944444444, 11.576388888889
DioceseArquidiocese de Munique e Freising
Orde relixiosaOrde dos Predicadores
Estiloarquitectura barroca
Páxina webhttp://www.theatinerkirche.de/
editar datos en Wikidata ]
Igrexa dos Teatinos ou San Caetano.

Arquitectura

editar

A igrexa erixiuse en estilo barroco tardío e italianizante. O proxecto foi obra do arquitecto italiano Agostino Barelli. O seu sucesor, Enrico Zuccalli, engadiulle as súas características dúas torres cunha altura de 64,60 metros e que non figuraban no proxecto orixinario. A cúpula, de 70,20 metros de altura e 17,70 metros de diámetro, acabouse en 1690. A fachada rococó foi acabada en 1768 por François de Cuvilles. A súa aparencia italiana e a súa cor amarela fixeron dela un dos símbolos da capital de Baviera e tiveron moita influencia sobre a arquitectura do Barroco no sur de Alemaña. A nave principal ten 72,50 metros de longo, 15,50 metros de anchura e 28,55 metros de altura.

Panteón dos reis da Baviera

editar

Na igrexa encóntranse, entre outros, túmulos da Casa de Wittelsbach, a familia real de Baviera durante séculos.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar