Caetano de Thiene

relixioso italiano (XV-XVI), canonizado en 1671
(Redirección desde «Gaetano da Thiene»)

Caetano de Thiene, ou en italiano Gaetano di Thiene, nado en Vincenza en outubro de 1480 e finado en Nápoles o 7 de agosto de 1547, foi un relixioso italiano, venerado polos católicos como San Caetano.

Infotaula de personaCaetano de Thiene

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(gan) Gaetano Thiene Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de outubro de 1480 Editar o valor em Wikidata
Vicenza Editar o valor em Wikidata
Morte7 de agosto de 1547 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Nápoles Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública de Venecia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCristianismo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico , avogado , diplomático Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaTeatinos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa7 de agosto
8 de agosto Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
htumb
htumb
Imaxe de San Caetano na igrexa de Quintela (Crecente).

Traxectoria editar

Doutorouse en Dereito na Universidade de Padua en 1504 antes de ingresar no clero. Foi chamado a Roma por Xulio II, que o fixo secretario, en 1506. O seu contacto coa curia desencantouno e levouno a ser un dos primeiros reformadores católicos:

Roma un tempo santa, ora è una Babilonia.

.

Deixou Roma tan pronto como puido e adicouse á caridade e a reforma. Non foi ordenado sacerdote até 1516, pois non se consideraba digno do cargo. Volveu a Roma en 1523 para fundar con Pietro Carafa (que se había converter despois no papa Paulo IV) a primeira congregación de cregos regulares, a dos Teatinos.

O seu nome parece que provén dun tío seu que era nativo de Gaeta, pois xa en época romana se chamaba Caietani aos desta vila. Foi canonizado por Clemente X no 1671. A súa festa celébrase o 7 de agosto.