The Crucifucks
The Crucifucks foi unha banda estadounidense de punk rock procedente de Lansing, Míchigan formada en 1981. Ao longo de toda a súa carreira o grupo pasou por varios cambios na súa formación, sendo o único membro permanente o letrista e líder Doc Corbin Dart. Destacou pola súa axitación anarquista, as súas provocativas letras e as voces infrecuentemente agudas. O vocalista de Dead Kennedys Jello Biafra asinou con eles para que editasen a través do seu selo Alternative Tentacles.
The Crucifucks | |
---|---|
Orixe | Lansing, Míchigan, |
Período | 1981 - 1989 1996 - 1998 |
Xénero(s) | punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Alternative Tentacles |
Membros | Doc Corbin Dart Joe Dart Scott Fagersten Steve Shelley Gus Varner Marc Hauser Todd Southern Aaron Vanderpool Joel Kuszai Steve Merchant David Breher Nathaniel Warren |
Na rede | |
Outros membros da formación orixinal son o curmán de Dart, Joe, á guitarra, Scott Fagersten ao baixo e o batería Steve Shelley, que posteriormente pasaría a formar parte de Sonic Youth.
Traxectoria
editarO álbum de estrea da banda, The Crucifucks (gravado en 1984 por Doc, Steve, o guitarrista Gus Varner e o baixista Marc Hauser), foi publicado en 1985 a través do selo de Jello Biafra Alternative Tentacles. A este seguiulle Wisconsin en 1987, tamén a través de Alternative Tentacles. Estre ese álbum e o L.D. Eye de 1996, Dart gravou dous proxectos en solitario, Patricia, por Alternative Tentacles en 1990, e Black Tuesday, un casete autoeditado en 1991. Tras un longo hiato, Doc lanzou un álbum titulado The Messiah polo selo Crustacean Records en 2004.
Un álbum recompilatorio de The Crucifucks titulado Our Will Be Done foi publicado en 1992, combinando os primeiros dous traballos da banda cun tema que non aparecía en ningún, "Annual Report", que estaba no recompilatorio do fancine Maximum Rock 'n' Roll Welcome To 1984. Unha imaxe dun policía de Philadelphia, posando para unha fotografía que orixinalmente era parte dunha campaña de relacións públicas para obter concesións salariais para a cidade, foi usada como contraportada do álbum. Catro anos despois, o seu descubrimento por parte da Philadelphia Fraternal Order of Police deu lugar a unha demanda contra The Crucifucks, que finalmente foi desestimada.
Segundo Dart: The Crucifucks nunca se separaron "oficialmente", máis ben distanciáronse debido a distintas razóns. Cara mediados dos 90 dart formou un novo grupo chamado The L.D. Eye. Cando o grupo estaba preparando un álbum, Alternative Tentacles acordou editalo pero se o era baixo o nome de The Crucifucks. Así, o grupo cambiou o nome a The Crucifucks, "reunindo" á banda (aínda que ningún dos antigos membros estaban con Dart en The L.D. Eye). The L.D. Eye foi publicado en 1996. A banda realizou unha serie de concertos durante este período, incluída unha actuación en 1998 na festa do 20 anversario de Alternative Tentacles en San Francisco, e despois diso volveu á inactividade.
A banda foi coñecida polas súas letras anti-autoritarias, acotío cheas dun humor escuro e perverso. O grupo tratou ir máis aló en termos de contido lírico, procurando ser o máis ofensivo posible. A súa canción "Cops for Fertilizer" contén as letras: "So kill the next policeman who gets in your way/It'll set a good example for the children today" (así que mata ao seguinte policía que se interpoña no teu camiño/será un bo exemplo para os nenos de hoxe). Outras moitas cancións son igual de contundentes, atacando ao goberno estadounidense, á súa cultura en xeral e á relixión, particularmente ao cristianismo. O seu tema "Hinckley had a Vision" defende expresamente o asasinato do entón presidente Ronald Reagan.
Discografía
editar- The Crucifucks - 1985
- Wisconsin - 1987
- Our Will Be Done - 1992
- L.D. Eye - 1996
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- [ Páxina oficial]