Théodore Géricault

pintor francés

Jean-Louis André Théodore Géricault, coñecido como Théodore Géricault, nado en Ruán o 26 de setembro de 1791 e finado en París o 26 de xaneiro de 1824, foi un pintor francés do Romanticismo.

Modelo:BiografíaThéodore Géricault

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(da) Jean-Louis André Théodore Géricault Editar o valor en Wikidata
26 de setembro de 1791 Editar o valor en Wikidata
Ruán, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xaneiro de 1824 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteosteoarticular tuberculosis (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 12 (1828–) 48°51′39″N 2°23′34″L / 48.860902, 2.392869
Grave of Théodore Géricault (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaRuán Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Nacional Superior de Belas Artes (1811–)
Liceo Louis-le-Grand
Collège Stanislas (París) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e escultura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París
Florencia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, debuxante arquitectónico, debuxante, litógrafo, artista gráfico, escultor, artista visual Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1810 Editar o valor en Wikidata - 1824 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoQ99472474 Traducir (década de 1980) Editar o valor en Wikidata
ProfesoresCarle Vernet e Pierre-Narcisse Guérin Editar o valor en Wikidata
AlumnosJoseph Simon Volmar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
FillosGeorges-Hippolyte Géricault Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Жерико Теодор)
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1166093 Musicbrainz: 310173aa-fc92-4cd5-835b-0c2d755a3e94 WikiTree: Géricault-1 Find a Grave: 5629 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Géricault mudouse para París co seu pai, un coñecido xurista, despois da morte da súa nai, e aos 10 anos ingresou no Liceo Imperial. Terminados os estudos, tivo aulas co pintor Vernet e anos máis tarde xa traballaba no taller de Pierre-Narcise Guérin, xunto con Delacroix.

Nos seus primeiros lenzos, Géricault amosou unha grande admiración por David e polos cánones estéticos neoclásicos. Dedicouse a copiar Rubens, Velázquez e Caravaggio.[1] O seu primeiro lenzo importante foi Oficial de Cazadores a Cabalo Durante a Carga, co cal gañou a medalla de ouro da Academia en 1812. Esta obra reflicte a influencia de Gros e o cromatismo impactante e vigoroso que se observa en Rubens.

Despois de facer o servizo militar como mosqueteiro imperial na armada real, Géricault viaxou a Italia, onde estudou profundamente as obras de Michelangelo e Rafael.[2] Na volta, en 1817, o pintor iniciou aquela que sería a súa obra prima, A Balsa da Medusa. Aínda que o tema do naufraxio sexa coherente coa desesperación romántica, o certo é que con este lenzo Géricault faise eco da crítica ao réxime, compadecéndose dos sobreviventes e dos mortos no naufraxio ocorrido por culpa do goberno. Sábese que a súa obsesión chegou a levalo a falar cos sobreviventes nos hospitais e inclusive a facer esbozos dos mortos no cemiterio.

A doenza, a loucura e o desespero pasaran entón a ser unha constante nos seus lenzos.[3] O efecto do claro-escuro, que o pintor tanto admiraba en Caravaggio, inspirárano a crear ambientes patéticos e de intenso sufrimento. Anos despois, en Londres, Géricault retomou súa paixón polos cabalos, pintando o O Derby de Epson, que de certa forma anticipou a súa preocupación en captar o movemento. Tamén fixo lenzos de doentes mentais nun hospital. Logo dunha tentativa de suicidio, o pintor volveu a París, onde poucos meses despois, vítima dun accidente, acabou morrendo.

  1. Eitner, p.1
  2. Eitner, p. 3-4
  3. Eitner, p. 5-6

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.