Terremoto de Haití de 2010
O terremoto de Haití de 2010 rexistrouse ás 16:53:09 hora local (21:53:09 UTC) do martes 12 de xaneiro con epicentro a 15 km da capital haitiana, Porto Príncipe. Segundo o Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos, o sismo tivo unha magnitude de 7.0 Mw e xerouse a unha profundidade de 10 km.[1] Tamén se rexistraron unha serie de réplicas, as máis fortes de 5.9, 5.5 e 5.1. A NOAA descartou o perigo de tsunami na zona.[2] Con todo, horas despois, rexistrouse un tsunami de mínimas proporcións que matou catro persoas. Este terremoto foi o máis forte rexistrado na zona desde o acontecido en 1770. O sismo percibiuse en países próximos como Cuba, Xamaica e a República Dominicana, onde provocou temor e evacuacións preventivas.
Foi un dos terremotos máis devastadores dos que se ten rexistro.
Os efectos causados sobre Haití, o país máis pobre de América nese momento, foron devastadores.[3] Os corpos recuperados ata o 25 de xaneiro superaban os 150 000, calculándose que o número de mortos excedería os 200 000.[4] Os datos definitivos dos afectados deunos a coñecer o primeiro ministro Jean-Max Bellerive no primeiro aniversario do sismo, o 12 de xaneiro de 2011, cando se informou de que no sismo faleceran 316 000 persoas, 350 000 máis quedaran feridas, e máis de 1,5 millóns quedaron sen fogar, co que se considera unha das catástrofes humanas máis graves da historia.[5][6]
Antecedentes históricos
editarA illa da Española, que comparten Haití e a República Dominicana, é sismoloxicamente activa e experimentou terremotos significativos e devastadores no pasado.
Un sismo afectouna en 1751 cando estaba baixo control francés e outro sismo en 1770 de 7.5 na escala de Richter devastou Porto Príncipe por completo.[7][8] De acordo, co historiador francés Moreau de Saint-Méry (1750-1819), "mentres que ningún edificio sufriu danos en Porto Príncipe durante o terremoto do 18 de outubro de 1751, a cidade enteira colapsou durante o terremoto do 3 de xuño de 1770".[9]
A cidade de Cap-Haïtien, así como outras do norte de Haití e da República Dominicana, foron destruídas polo terremoto do 7 de maio de 1842.[10]
En 1887 e 1904 producíronse terremotos no norte do país, causando "danos maiores".[11]
En 1946, rexistrouse un terremoto de magnitude 8.0 na República Dominicana, que afectou tamén Haití. Este sismo produciu un tsunami que matou 1790 persoas.[12]
Un estudo de prevención de terremotos realizado en 1992 por C. DeMets e M. Wiggins-Grandison estableceu como conclusión a posibilidade de que a falla de Enriquillo puidese estar ao final do seu ciclo sísmico e prognosticou un escenario, no peor dos casos, dun terremoto de magnitude 7.2, semellante en magnitude ao terremoto de Xamaica de 1692.[13]
Paul Mann e o seu equipo presentaron en 2006 unha avaliación de risco na falla de Enriquillo na 18.ª Conferencia Xeolóxica do Caribe en marzo de 2008. Tendo en conta a gran tensión, o equipo recomendou "de alta prioridade" os estudos históricos de movementos sísmicos, como o da falla, que foi totalmente bloqueada e rexistrara algúns terremotos nos últimos 40 anos.[14] Un artigo publicado no diario Le Matin de Porto Príncipe en setembro de 2008 mostraba os comentarios citados polo xeólogo Charles Patrick de que había un alto risco de maior actividade sísmica en Porto Príncipe.[15]
Detalles e consecuencias inmediatas
editarO terremoto ocorreu terra dentro o 12 de xaneiro de 2010, aproximadamente a unha distancia de 15 km ao suroeste de Porto Príncipe e a unha profundidade de 10 km, ás 16:53 UTC-5.[16] Tivo unha magnitude de 7.0 na escala magnitude momento e sentiuse cunha intensidade de X na escala de Mercalli modificada en Porto Príncipe.[17] Tamén se rexistrou en Cuba, Xamaica, e na República Dominicana.[18] O Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos rexistrara polo menos seis réplicas nas dúas horas seguintes ao terremoto principal. Mediron aproximadamente 5.9,[19] 5.5,[20] 5.1,[21] 4.8[22] e 4.5.[23] Durante as primeiras nove horas rexistráronse 26 réplicas maiores a 4.2 en diferentes puntos da península de Tiburon, dos cales doce foron superiores a 5,0.[24]
O mércores 20 de xaneiro ás 11:03:44 UTC unha forte réplica de 6.1,[25] despois rectificada a 5,9[26] na escala de Richter, rexistrouse a 60 quilómetros ao oeste de Porto Príncipe, preto de Léogâne, e sentiuse na capital haitiana, segundo datos do Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos.[27] Xusto durante o terremoto, a rede Twitter caeu.[28]
O terremoto produciuse nas proximidades do límite norte da placa tectónica do Caribe, que se despraza continua e lentamente cara ao leste 20 mm por ano en relación á placa norteamericana e atravesa xustamente polo medio da illa da Española. O sistema de falla de desgarramento ou transversal formada na rexión, semellante á falla de San Andreas en California, ten dúas ramas en Haití, a falla setentrional, no norte, e a falla de Enriquillo no sur. Os datos sísmicos suxiren que o terremoto foi sobre esta última falla, que estivo baixo presión durante 240 anos, acumulando moita enerxía potencial, que desatou finalmente un gran terremoto liberando unha enerxía equivalente á explosión de 200 000 quilos de trinitrotolueno;[29] con todo, estudos científicos da Universidade de Purdue suxiren que esta falla non foi a que o provocou, senón unha nova falla sísmica non identificada e da que se descoñece o seu perigo ante o seu descubrimento.[30]
De acordo cun membro do servizo xeolóxico dos Estados Unidos, sobre a base da magnitude e a localización do terremoto, víronse afectadas arredor de tres millóns de persoas, aínda que os datos exactos tardarán en chegar debido ao alcance dos danos.[31]
O Centro de Prevención de Tsunamis do Pacífico lanzou unha alarma de tsunami despois de ocorrido o terremoto para Haití, Cuba e a República Dominicana, que foi cancelada pouco despois. No entanto, o goberno de Cuba deu a orde de evacuar todas as poboacións costeiras, especialmente do municipio de Baracoa.[32]
O terremoto foi cualificado como o maior sismo rexistrado en Haití en douscentos anos.[31] Unha das consecuencias do terremoto foi o colapso de todas as liñas telefónicas,[31] sendo fundamental o uso de Internet, mediante redes sociais como Twitter e Facebook, portais de vídeo como YouTube, correo electrónico e transmisións vía web de radio e televisión. As redes sociais en especial foron amplamente usadas para a obtención e difusión de información e imaxes do suceso.[33]
Haití era o país máis pobre de América, caracterizado por ter cerca do 80% da súa poboación por debaixo da liña de pobreza e o 54% na pobreza extrema, unha economía de subsistencia, é dicir, viven practicamente para alimentarse; as remesas recibidas de migrantes representan o 40% do seu PIB beneficiando pouco máis de 900 mil familias.[34] O país ocupaba o posto 149 de 182 países segundo o Índice de Desenvolvemento Humano, o que xeraba preocupación sobre todo na capacidade de hospitais e servizos básicos de saúde e primeiros auxilios para poder afrontar unha catástrofe sísmica desta envergadura.
Mortes
editarO primeiro ministro de Haití, Jean Max Bellerive, afirmou que temía que o balance polo potente sismo no seu país podería superar as 140 000 vítimas;[35] con todo a Cruz Vermella dixo que as vítimas poderían chegar entre 45 000 e 50 000,[36] aínda que non foi confirmado, xa que se fixo difícil poder contar o número de vítimas fatais debido a que os cascallos invadían as rúas e avenidas de Porto Príncipe.[37] Entre as edificacións destruídas, como a sede da ONU en Haití, retiráronse cadáveres de entre os restos, mais arredor de 150 funcionarios seguían desaparecidos,[38] dixeron traballadores do organismo.[39] Alain Le Roy, funcionario, dixo aos xornalistas que menos de dez persoas, "algúns mortos, outros con vida", foran extraídas de entre os restos do edificio de cinco plantas;[39] porén, ata o 14 de xaneiro, polo menos vinte e dous funcionarios da Organización das Nacións Unidas (ONU) morreran.[38] O embaixador de Haití ante a Organización de Estados Americanos (OEA), Duly Brutus, falou de "ducias de miles de vítimas", pedindo máis que nunca axuda á comunidade internacional. "Nunca o noso país necesitou tanto a axuda da comunidade internacional", dixo Brutus ante o Consello Permanente da OEA, que incluíu na súa orde do día a cuestión de Haití para estudar como axudar a illa.[40]
O domingo 24 de xaneiro de 2010, o goberno de Haití anunciou que se recolleran e enterraran 150 000 cadáveres só na capital e os seus arredores mais que non se sabía cantos permanecían baixo os cascallos de edificios destruídos.[41]
Entre as personalidades que faleceron no terremoto estaban Jimmy O. Barikad, artista de hip-hop haitiano[42] e monseñor Joseph Serge Miot, arcebispo de Porto Príncipe.[43]
Todo o persoal que se atopaba no edificio das Nacións Unidas pereceu, incluído o xefe da misión da ONU, Hédi Annabi, que estaba reunido cunha delegación chinesa no momento do desastre.[44] Dita información foi confirmada tanto polo presidente de Haití, René Preval como polo Ministro de Asuntos Exteriores de Francia Bernard Kouchner.[44][45]
Uns 3000 traballadores da ONU desapareceran, entre eles o subxefe da misión, Luiz Carlos da Costa.[38] Uns 25 cascos azuis faleceron e uns 23 desapareceron.[38]
Situación posterior
editarDe acordo a numerosos informes, non só moitas vivendas senón tamén unha gran porcentaxe dos edificios públicos (hospitais, escolas, estacións de policía, oficinas gobernamentais, igrexas, cárceres, morgues) foron destruídas ou danadas de tal forma que non se puideron utilizar. Igualmente unha gran porcentaxe do persoal cualificado viuse afectado. Por exemplo, non había bombeiros funcionando[46] e o mesmo pódese dicir da infraestrutura de comunicacións. Así mesmo, o principal peirao que servía o país, era inoperable. O xoves seguinte ao terremoto, o aeroporto de Porto Príncipe, que resultou danado e cunha torre de control que se derrubara, deixou de aceptar voos debido á saturación da demanda e falta de combustibles.[47][48]
De acordo a informacións de Radio Metropole, as liñas de comunicación estaban na seguinte situación (xoves 14, 08:52 hora local): o acceso a Internet (Hainet) non funciona. Non hai información sobre a rede de ACN. O enlace (internacional) submarino de fibra permaneceu operativo. O operador de telefonía móbil Digicel, dixo que a súa rede en Haití comezara a funcionar de novo mércores pola mañá. As empresas de liñas e de traballo HAITEL Teleco funcionan cando non están saturadas. Con todo, moitas liñas ou "seccións" de cables telefónicos cortáronse a través do país, polo tanto, a comunicación a través deste medio non é fiable. A maioría das comunicacións de Internet a través de satélite funcionaban.[49]
Notas
editar- ↑ USGS. "Earthquakes" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 17 de setembro de 2015.
- ↑ NOAA (12 de xaneiro de 2010). "Tsunami information (Caribbean Sea)". Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Haití, el país más pobre de América". ABC. 10 de febreiro de 2010. Consultado o 20 de marzo de 2015.
- ↑ Haití confirma la recuperación de 120.000 cadáveres, Europa Press 24/01/2010. Consultado o 24/01/2010
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2011. Consultado o 09 de agosto de 2011.
- ↑ "Un terremoto de 6,1 grados sacude de nuevo Haití", La Vanguardia.es, 20/01/2010. Arquivado 03/01/2011, en Wayback Machine. Consultado o 20/01/20101.
- ↑ "Earthquake Summary". Magnitude 7,0 - HAITI REGION. USGS. 12 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
- ↑ Romero, Simón; Robbins, Liz (12 de xaneiro de 2010). "Quake Rocks Haiti, Causing Widespread Damage". The New York Times (en inglés). Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Largest Earthquake in 200 Years Devastates Haiti" (en inglés). 13 de xaneiro de 2010. Consultado o 16 de xaneiro de 2010.
- ↑ "El Terremoto del 7 de mayo de 1842".
- ↑ "Oficina de Minas y Energía" (en francés). 3 de abril de 1999. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2010. Consultado o 16-01-2010>.
- ↑ "Historic Earthquakes".
- ↑ DeMets, C.; Wiggins-Grandison W. (2007). "Deformation of Jamaica and motion of the Gonâve microplate from GPS and seismic data" (PDF) (en inglés) 168: 362–378. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xaneiro de 2011. Consultado o 15 de xaneiro de 2010.
- ↑ Mann, Paul, Calais, Eric, Demets, Chuck, Prentice, Carol S., and Wiggins-Grandison, Margaret (marzo de 2008). "Entiquillo-Plantain Garden Strike-Slip Fault Zone: A Major Seismic Hazard Affecting Dominican Republic, Haiti and Jamaica" (en inglés). 18th Caribbean Geological Conference. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2010. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
- ↑ Delacroix, Phoenix (25 de setembro de 2008). "Haiti/ Menace de Catastrope Naturelle / Risque sismique élevé sur Port-au-Prince" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Magnitude 7, - HAITI REGION". 12 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
- ↑ "PAGER - M 7,0 - HAITI REGION". 12 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Magnitud 7,0 - HAITI REGION USGS comunidad Internet intensidad mapa". 12 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Magnitude 5.9 - HAITI REGION". 12 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Magnitude 5.5 - HAITI REGION". 12 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Magnitude 5.1 - HAITI REGION". 12 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Magnitude 4.5 - HAITI REGION". 12 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Magnitude 4.8 - HAITI REGION". 12 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Earthquake List for Map of N America Region". United States Geological Survey. 13-01-2010 (05:33:52 UTC). Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2009. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Registra Haití nuevo sismo ahora de 6.1 grados Richter". 20 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2010. Consultado o 20 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Magnitud 5.9 REGION DE HAITI, mércores, 20 de xaneiro 2010 ás 11:03:44 UTC". 20 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2010. Consultado o 20 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Un nuevo terremoto en Haití desata el caos". 20 de xaneiro de 2010. Consultado o 20 de xaneiro de 2010.
- ↑ "El nuevo terremoto en Haití derrumba Twitter". 20 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2010. Consultado o 20 de xaneiro de 2010.
- ↑ "El terremoto más intenso sufrido en 240 años en Haití". 14 de xaneiro de 2010. Consultado o 14 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Terremoto en Haití provocado por falla previamente desconocida". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2010. Consultado o 16 de agosto de 2010.
- ↑ 31,0 31,1 31,2 "Haiti earthquake feared to have killed hundreds". BBC News.
- ↑ "Cuba comienza a evacuar tras sismo en Haití". 01-2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Fotos del terremoto en Haiti". 12 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Haití es devastado por terremoto". El Telégrafo. 13 de xaneiro de 2010. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Más de 100 mil muertos". 13 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2014. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Estima Cruz Roja entre 45 mil y 50 mil los muertos en Haití". 14 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 14 de xaneiro de 2010.
- ↑ "'Hay más de cien mil muertos'". www.elmundo.es. Consultado o 2022-02-07.
- ↑ 38,0 38,1 38,2 38,3 "Veintidós funcionarios de la ONU muertos en terremoto de Haití". 14 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2010. Consultado o 14 de xaneiro de 2010.
- ↑ 39,0 39,1 "Más de 100 empleados de ONU, desaparecidos en Haití". 13 de xaneiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2011. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
- ↑ "'Hay más de cien mil muertos'". 13 de xaneiro de 2010. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
- ↑ BBC: Haití: 150.000 muertos en Puerto Príncipe
- ↑ "Wyclef Jean Solicits Aid for Victims of Haiti Earthquake". Rap-Up.com. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.[Ligazón morta]
- ↑ "Archbishop of Port-Au-Prince Dies in Haiti Quake" (en inglés). New York Times/Associated Press. 13 de xaneiro de 2010. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
- ↑ 44,0 44,1 3:34 p.m. ET. "Top U.N. envoy in Haiti killed in quake - Haiti earthquake- msnbc.com". MSNBC. Consultado o 13 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Over 100 missing after UN office collapse in Haiti". Gainesville Sun (en inglés). Consultado o 2022-02-07.
- ↑ Radio Metropole: Capitale dans le chao Arquivado 14 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
- ↑ Radio Metropole: Les vols américains de secours en Haïti ont été suspendus Arquivado 14 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
- ↑ Véxase, por exemplo, BBC "El tiempo corre más rápido que la ayuda"; Channel 4 News: Haiti quake: survivors confront the devastation Arquivado 17 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.; CNN WORLD: Haiti aid delivery encounters logistical problems o Troubled times ahead for battered Haiti[Ligazón morta]
- ↑ Radio Metropole: Haiti: Réseau occupé, réseau indisponible... Communication difficile... (Mise à jour) Arquivado 26 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Terremoto de Haití de 2010 |
Ligazóns externas
editar- BBC
- Interface de incidentes (varias linguas)
- Radio Metropole Haiti