Teodoro o Ateo

Filósofo grego da escola cirenaica

Teodoro (en grego: Θεόδωρος) o Ateo, de Cirene, foi un filósofo da escola cirenaica que viviu en Grecia e Alexandría arredor do -300. Como membro da escola cirenaica, defendía que o obxectivo da vida era procurar o gozo e evitar a pena.

Infotaula de personaTeodoro o Ateo
Nome orixinal(grc) Θεόδωρος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento340 a. C. Editar o valor em Wikidata
Cirene Editar o valor em Wikidata
Morte250 a. C. Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Cirene Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePeríodo helenístico de Exipto Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo Editar o valor em Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor em Wikidata
MovementoCirenaicos Editar o valor em Wikidata
ProfesoresBrisón, Aristipo, o Jovem (pt) Traducir, Dionysius of Chalcedon (en) Traducir, Zenón de Citio e Crates de Atenas Editar o valor em Wikidata
AlumnosBión de Borístenes Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata
Este artigo é sobre Teodoro o Ateo, non sobre o matemático Teodoro de Cirene.

Biografía editar

Teodoro foi discípulo de Aristipo o Novo,[1] neto do máis coñecido Aristipo.[2] Asistiu ademais a lecturas doutros filósofos como Anniceris, e Dionisio o dialéctico,[1] Zenón de Citio, e de Pirro.[3]

Foi expulsado de Cirene, por unha razón descoñecida;[1] despois estivo en Atenas, de onde tamén foi expulsado. Volveu máis tarde a Cirene, onde morreu.

Pensamento editar

Teodoro foi o fundador dunha corrente que levou o seu nome Theodorei (Θεοδώρειοι), "Teodorianos". As opinións de Teodoro, segundo se infire de Dióxenes Laercio[1], coincidían coas da escola cirenaica. Ensinaba que o obxectivo da vida era procurar o gozo, froito da prudencia, e evitar a pena, causada pola tolemia; que a prudencia e a xustiza son boas e os seus opostos malos, que o pracer e a pena son indiferentes. Non lle daba importancia á amizade ou ao patriotismo, e considerábase cidadán do mundo. Non vía nada incorrecto no roubo, no adulterio ou no sacrilexio, e pensaba que só estaban condenadas pola opinión pública para controlar aos parvos. Non está claro se era realmente ateo ou simplemente desprezaba as crenzas comúns nos deuses. "Apartouse de todas as opinións relativas aos deuses" di Dióxenes Laercio[1]. A denominación de Ateo vén das opinións de Cicerón,[4] Laercio,[1] Plutarco,[5] Sexto Empírico,[6] e algúns escritores cristiáns; mentres que outros (como Clemente de Alexandría)[7] di que só rexeitaba a teoloxía popular.

Escribiu un libro Sobre os deuses (Περὶ Θεῶν), que segundo Laercio, que o consultou[1] había que ter en conta; e engade que foi a fonte de moitas afirmacións de Epicuro. Segundo Suda[3] escribiu varios libros sobre as doutrinas do seu grupo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Diogenes Laërtius, The Lives and Opinions of Eminent Philosophers, ii Arquivado 17 de maio de 2008 en Wayback Machine..
  2. Suda, Aristippos.
  3. 3,0 3,1 Suda, Theodoros.
  4. Cicero, de Natura Deorum, i. 1
  5. Plutarch, De Placit. Philos., i. 7
  6. Sextus Empiricus, Pyrrhon. Hypotyp., lib. iii.
  7. Clemente de Alexandría, Protrept. ad Gentes

Véxase tamén editar

Outros artigos editar