Zenón de Citio

Zenón de Citio[1], nado en Citio (Chipre) en -340 e finado o - 264, foi un filósofo helenista, fundador do estoicismo.

Zenón de Citio
Paolo Monti - Servizio fotografico (Napoli, 1969) - BEIC 6353768.jpg
Nacementoc. 334 a. C.
Lugar de nacementoKition
Falecemento263 a. C.
Lugar de falecementoAtenas
NacionalidadeKition
Ocupaciónfilósofo e escritor
editar datos en Wikidata ]
Zenón de Citio.

TraxectoriaEditar

Zenón naceu en Citio, na illa de Chipre. Mudouse para Atenas por volta de 312 ou 311 a.C., atraído pola filosofía (ou, segundo outros, após perder a súa fortuna nun naufraxio na costa da Ática)[Cómpre referencia]. En Atenas, Zenón foi discípulo de Crates de Tebas e estudou os antigos filósofos (entre estes, Heráclito de Éfeso, que moito o influenciou). Aos 42 anos, fundou a escola estoica, reunindo os seus alumnos baixo os pórticos (en grego, stoá) de templos, mercados e ximnasios.

Zenón propuña unha tripartición na filosofía: lóxica, física e ética. A lóxica fornece un criterio de verdade. A física constitúe un materialismo monista e panteísta. A ética regula as accións humanas, cuxo obxectivo é a conquista da felicidade e esta debe ser perseguida segundo a natureza.

A doutrina filosófica de Zenón de Citio afirma que o ser humano atinxe a plenitude e a felicidade cando abandona todas as paixóns terreas, contrariedades, aborrecementos e desasosegos. Para Zenón a única forma de vivir sen esas contrariedades é vivir en ataraxia ou apatía, ou sexa, abandonado ao destino, impasivamente, nada receando e nada esperando.

A pesar de compartir diversos conceptos básicos da filosofía de Epicuro de Samos, Zenón e o estoicismo en xeral diverxen do epicureísmo por entender que a virtude, e non o pracer, constitúe o ben supremo. Alén diso, consideran que o principio chave do universo é a lei racional da natureza, e non o movemento aleatorio dos átomos.

NotasEditar

  1. "Zenón de Citio". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2256. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar