Bión de Borístenes

Bión de Borístenes c. 325 - 230 adC, filósofo grego nado na colonia grega de Olbia en Escitia, xunto ao estuario do río Borístenes (Dniéper).

Bión de Borístenes
Antikythera philosopher.JPG
Nacemento325 a. C.
Lugar de nacementoOlbia
Falecementovalor descoñecido
Lugar de falecementoCálcis
Ocupaciónfilósofo
editar datos en Wikidata ]
Sanzio 01 cropped.png
Filosofía grega
Presocráticos
Sofistas
Sócrates
Platón
Aristóteles
Epicureísmo
Estoicismo
Escepticismo
Cinismo

Discípulo en Atenas do académico Crates (do que foi moi crítico), de Teodoro de Cirene e do peripatético Teofrasto, aproximouse aos cínicos, cuxo enxeño cáustico e as súas actitudes contrarias aos establecido compartía. Pasou a maior parte da súa vida indo dunha cidade a outra, dando conferencias e ensinando por diñeiro. Segundo Dióxenes Laercio (IV, 53), Bión de Borístenes —que fora escravo dun mestre de retórica— distinguíase pola súa habilidade literaria e especialmente polas súas brillantes parodias. Popularizou a diatriba («discurso falado») grega como obra escrita, de modo que puidese alcanzar a unha audiencia máis ampla, e a connotación algo ofensiva que a palabra ten en época actual deriva dos ataques humorísticos pero afiados de Bión contra os defectos e as debilidades humanas. Foi notable a súa influencia sobre a sátira latina de Lucilio e Horacio. Conserváronse fragmentos bastante amplos das súas obras.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • J. P. Rossignol, Fragmenta Bionis Borys-thenitae philosophi, Lutetiae, 1830,e F. W. A. Mullach, Fragmenta philosophorum Graecorum, II, 423 e segs.
  • J. M. Hoogvliet, De vita, doctrina et scriptis Bionis, 1821. —Art. de H. von Arnim sobre Bion (Bion, 10) en Pauly-Wissowa.