Tempada 1921/22 do Deportivo da Coruña

tempada deportiva

Durante a tempada 1921/22 o Deportivo da Coruña competiu no Campionato de Galicia, pero acabou descualificado despois de tres partidos.[1]

Deportivo da Coruña
Tempada 1921–22
PresidenteGalicia Juan Casal Rey
EstadioRiazor
Campionato de GaliciaDescualificado

Resumo

editar

O Deportivo comezou a tempada 1921/22 cun renovado cadro de xogadores, perdendo os dous primeiros encontros do Campionato de Galicia ante Pontevedra Athletic e Real Vigo.[2][3] No terceiro partido enfrontouse de novo ao equipo pontevedrés, no antigo campo de Riazor. A falta duns 20 minutos para o final e cando o marcador sinalaba un empate a dous goles, o árbitro vigués Basilio Poncet expulsou a dous xogadores, un de cada equipo. Acto seguido varios seareiros saltaron ao terreo de xogo e o árbitro foi agredido, tendo que intervir as forzas de seguridade e suspendéndose o partido.[4]

Dúas semanas despois do suceso a Real Federación Galega de Fútbol decretou a descualificación do Deportivo da Coruña e a anulación dos resultados anteriores dos seus partidos, así como o peche do campo de Riazor polo que restaba de tempada.[5][6]

Persoal

editar

Xogadores

editar
Pos Nac Nome C. Galicia
Aps Goles
POR   Sardinero 2 0
DEF   Pérez 1 0
DEF   Cordero 1 0
MED   Labra 1 0
MED   Leonardo 1 0
MED   Rey 2 0
DIA   Fito 2 0
DIA   García 1 0
DIA   Óscar 2 1
DIA   Torres 2 1
DIA   Tolete 1 0

Clasificación

editar
Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Notas
1. Fortuna de Vigo 8 6 0 0 13 3 +10 12 Clasificación para a Copa de España 1922
2. Pontevedra Athletic 8 4 0 2 9 9 0 8
3. Vigo Sporting 8 2 0 2 5 15 −10 4
4. Deportivo da Coruña 3 0 1 2 5 12 −7 0 Descualificado

Partidos

editar

      Vitoria

      Empate

      Derrota

Pretempada e amigables

editar

Campionato de Galicia

editar
  1. Deza Rey, Jorge Manuel; Lozano Ferrer, Carles; Torre, Raúl. "Spain - List of Champions of Galicia". rsssf.org (en inglés). Consultado o 8 de xuño de 2024. 
  2. "El partido del domingo". El Progreso (en castelán) (2778). 15 de novembro de 1921. p. 2. Consultado o 8 de xuño de 2024. 
  3. "R. C. Fortuna - R. C. Deportivo". El Orzán (en castelán) (1158). 6 de decembro de 1921. p. 1. Consultado o 8 de xuño de 2024. 
  4. "Notas deportivas". El Ideal Gallego (en castelán) (1465). 10 de xaneiro de 1922. p. 4. Consultado o 8 de xuño de 2024. 
  5. "De Pontevedra". El Ideal Gallego (en castelán) (1478). 25 de xaneiro de 1922. p. 4. Consultado o 8 de xuño de 2024. 
  6. "Crónica local". El Orzán (en castelán) (1201). 25 de xaneiro de 1922. p. 2. Consultado o 8 de xuño de 2024.