Campionato de Galicia de fútbol 1921/22

O Campionato de Galicia da Serie A 1921/22 foi a oitava edición do Campionato de Galicia de fútbol organizado pola Federación Galega de Fútbol. Comezou en novembro de 1921 e rematou en marzo de 1922. O primeiro posto do torneo outorgaba a clasificación para a Copa de España.[1]

Participaron o Fortuna de Vigo, o Vigo Sporting Club, o Deportivo da Coruña e o Pontevedra Athletic Club. O torneo foi disputado en forma de liga a dúas voltas. O Deportivo da Coruña foi descualificado por causa dunha agresión sufrida polo árbitro durante un encontro en Riazor fronte ó Pontevedra Athletic.[2][3] Proclamouse campión o Fortuna de Vigo.[4]

Calendario editar

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
1 6 de novembro Bouzas Fortuna de Vigo Vigo Sporting 4–0 Informe
3 20 de novembro Pasarón Pontevedra Athletic Fortuna de Vigo 1–3 Informe
6 15 de xaneiro Bouzas Fortuna de Vigo Pontevedra Athletic 2–1 Informe
7 5 de febreiro Coia Vigo Sporting Pontevedra Athletic 4–7 Informe
8 19 de febreiro Coia Vigo Sporting Fortuna de Vigo 1–4 Informe
9 12 de marzo Pasarón Pontevedra Athletic Vigo Sporting (1) Informe
(1) A vitoria foi outorgada ó Pontevedra Athletic por non se presenta-lo Vigo Sporting.[5]

Partidos anulados editar

Xor. Data Estadio Local Visitante Resultado
2 13 de novembro Pasarón Pontevedra Athletic Deportivo da Coruña 4–1 Informe
4 4 de decembro Riazor Deportivo da Coruña Fortuna de Vigo 2–6 Informe
5 8 de xaneiro Riazor Deportivo da Coruña Pontevedra Athletic    2–2(2) Informe
(2) O partido foi suspendido antes de que rematase o tempo regulamentario.[6][7]

Clasificación editar

Pos Equipo X G E P GF GC DG Pts Clasificación ou descenso
1. Fortuna de Vigo 8 6 0 0 13 3 +10 12 Clasificación para a Copa de España 1922
2. Pontevedra Athletic 8 4 0 2 9 9 0 8
3. Vigo Sporting 8 2 0 2 5 15 −10 4
4. Deportivo da Coruña 3 0 1 2 5 12 −7 0 Descualificado

Os puntos dos partidos do Deportivo da Coruña foron concedidos ós seus rivais trala descualificación.[8]

Notas editar

  1. Copa del Rey Alfonso XIII 1922 linguasport.com
  2. "De Pontevedra". El Ideal Gallego nº 1.478 (en castelán). 25 de xaneiro de 1922. p. 4. 
  3. "Crónica local". El Orzán nº 1.201 (en castelán). 25 de xaneiro de 1922. p. 2. 
  4. "De Sport. El campeonato". La Integridad nº 9.562 (en castelán). 20 de febreiro de 1922. p. 3. 
  5. "El Athletic logra el segundo puesto del campeonato gallego". Progreso: diario independiente nº 2.874 (en castelán). 14 de marzo de 1922. p. 2. 
  6. "De Sport. En Coruña". La Libertad nº 845 (en castelán). 12 de xaneiro de 1922. p. 3. 
  7. "Notas deportivas". El Ideal Gallego nº 1.465 (en castelán). 10 de xaneiro de 1922. p. 4. 
  8. "El Campeonato de Galicia" (PDF). Mundo Deportivo nº 828 (en castelán). 20 de febreiro de 1922. p. 4.