Abrir o menú principal

Taylor Hawkins

músico estadounidense

Oliver Taylor Hawkins, nado o 17 de febreiro de 1972 e Fort Worth, Texas, é o batería da banda de rock alternativo Foo Fighters dende 1997, cando substituíu a William Goldsmith. Tamén fundou unha banda chamada Taylor Hawkins and The Coattail Riders na cal toca a batería e canta.

Taylor Hawkins
TaylorHawkins.png
Nome completoOliver Taylor Hawkins
Nacemento17 de febreiro de 1972 (47 anos)
OrixeFort Worth, Texas Flag of the United States.svg
Ocupaciónrock drummer, músico, guitarrista e autor-compositor
Instrumento(s)batería, voz
Relacionado conFoo Fighters, Alanis Morissette, Taylor Hawkins and the Coattail Riders
Tempo en activo1995 - actualidade
editar datos en Wikidata ]

Anteriormente fora o batería de xira da banda de Alanis Morissette, Sexual Chocolate, e tocou a batería na gravación de Jagged Little Pill. Despois diso tocou nunha banda experimental de curta vida chamada Sylvia, a cal cambiou o seu nome para o de Anyone e asinou un contrato co selo Roadrunner Records. O seu curmán, Kevin Harrell, foi quen o presentou a Dave Grohl, líder de Foo Fighters.