Tarazona y el Moncayo
Tarazona y el Moncayo é unha comarca de Aragón, en España, situada ao oeste da provincia de Zaragoza. É a segunda comarca aragonesa de menor extensión. A súa capital é Tarazona.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Aragón | ||||
Provincia | Provincia de Zaragoza | ||||
Capital | Tarazona | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 452,4 km² | ||||
Municipios
editarA comarca engloba aos municipios de Alcalá de Moncayo, Añón de Moncayo, El Buste, Los Fayos, Grisel, Litago, Lituénigo, Malón, Novallas, San Martín de la Virgen de Moncayo, Santa Cruz de Moncayo, Tarazona, Torrellas, Trasmoz, Vera de Moncayo e Vierlas.
Xeografía
editarEstá situada no extremo occidental da provincia de Zaragoza, facendo fronteira coas provincias de Navarra, Soria e A Rioxa, e ao sur e ao leste respectivamente coas bisbarras aragonesas de Aranda e do Campo de Borja. O seu territorio aséntase na cara norte do sistema Ibérico na conca do río Queiles.
Parte do seu territorio está ocupado polo Parque natural do Moncayo.
Patrimonio
editarO seu principal patrimonio natural e turístico é o Moncayo, serra cuxo principal cumio alcanza a altitude de 2.316 msnm, sendo o teito do Sistema Ibérico. O seu ámbito, declarado parque natural na súa vertente aragonesa, posúe unha gran biodiversidade, con máis de 1500 especies vexetais, algunhas delas practicamente endémicas desta serra.
Entre o seu patrimonio artístico destaca o centro histórico medieval da cidade de Tarazona e, en especial, a catedral mudéxar de Santa María de la Huerta o pazo episcopal, e a fachada da casa consistorial.
Cabe destacar tamén o castelo de Trasmoz, que data da reconquista cristiá da bisbarra no século XII, e o mosteiro de Veruela, un dos tres grandes mosteiros cistercienses aragoneses e que está situado dentro do termo municipal de Vera de Moncayo.
Gustavo Adolfo Bécquer e o seu irmán Valeriano Bécquer usaron Veruela e o Moncayo a miúdo como inspiración e contexto para as súas obras e artigos. Entre as persoas ilustres nacidas na bisbarra, destacan os actores do século XX Paco Martínez Soria e Raquel Meller.