Taquicardia
A taquicardia[1] (do grego ταχύς, "tajýs", veloz, e καρδία, "cardía", corazón) é a aceleración da frecuencia cardíaca debida á contracción demasiado rápida dos ventrículos. Considérase cando a frecuencia cardíaca é superior a 100 latexos por minuto en repouso. Adoita ser máis común nas mulleres ca nos homes.
Taquicardia | |
---|---|
![]() Electrocardiograma cunha taquicardia ventricular (VT). | |
Especialidade | Cardioloxía |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Pode ter causas fisiolóxicas, por exemplo, se se realiza actividade física intensa, no caso de obstrución das vías respiratorias ou ante emocións intensas, como a fobia, a ansiedade ou calquera outra emoción derivada do estrés.
Porén, pode estar asociada a procesos patolóxicos como a anemia, a diabetes mellitus, as hemorraxias, o insomnio ou os problemas de sono, o shock, a insuficiencia renal, a depresión, a infección dalgún órgano, a ansiedade excesiva e outros. Tamén pode ser causada polo consumo de certas substancias, como o tabaco, o alcol, o abuso da cafeína, o consumo habitual de drogas estimulantes como a cocaína e as anfetaminas ou o funcionamento deficitario da tiroide. Porén, a taquicardia por si soa non afecta a esperanza de vida de maneira significativa.
Un electrocardiograma permite detectar posíbeis trastornos do ritmo cardíaco. Nalgúns casos cómpre a colocación dun Holter, dispositivo que, acoplado ao corpo, permite rexistrar a actividade eléctrica do corazón.
Síntomas
editarSon características as palpitacións, que inclúen mareo constante e tremor no peito. Nos casos máis graves de taquicardia dáse debilidade, afogamentos e desmaio.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para taquicardia.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Taquicardia. Síntomas, causas e tratamento Arquivado 10 de xuño de 2018 en Wayback Machine. en MedSalud.