Trastornos do ritmo cardíaco
Un trastorno do ritmo cardíaco ou arritmia cardíaca é unha alteración na sucesión de latexos cardíacos.[1] Pódese deber a cambios na frecuencia cardíaca, tanto porque acelere (taquicardia coma porque mingüe bradicardia. Considérase tamén arritmia cando o ritmo do corazón é irregular, trastorno que pode ser producido por unha alteración do marcapasos fisiolóxico do corazón (nó sinusal) ou do sistema de condución cardíaco, ou por aparición de marcapasos ectópicos (focos do corazón que exercen a función do nó sinusal de xeito patolóxico).
Arritmia | |
---|---|
![]() Ritmo sinusal do corazón, alterado nas arritmias. | |
Instancia de | achado médico, síntoma e clase de doenza ![]() |
Subclase de | cardiopatía, sinal clínica, finding of cardiac rhythm (en) ![]() ![]() |
Causa de | insuficiencia cardíaca ![]() |
Afecta a | heart rate variability (en) ![]() ![]() |
Estudado por | rhythmology (en) ![]() ![]() |
Especialidade médica | cardioloxía e rhythmology (en) ![]() ![]() |
Fármacos usados de tratamento
| |
Descrito pola fonte | |
ICD-10 | I47 I49 |
ICD-9 | 427.0 |
MedlinePlus | 001101 |
MeSH | D001145 |
![]() |
As bradiarritmias ou trastornos lentos do ritmo cardíaco, resultan da produción inaxeitada de impulsos que proveñen do nó sinusal ou dun bloqueo da propagación do impulso, e poden causar hipotensión e até a perda da conciencia.
As taquiarritmias ou trastornos acelerados do ritmo cardíaco, poden ser de orixe auricular ou ventricular, sendo estas últimas máis perigosas podendo máis a miúdo producir colapso ou mesmo a morte.
Os trastornos do ritmo cardíaco atópanse entre as 20 primeiras causas de discapacidade na poboación anciá.[2]
Clasificación
editarA meirande parte dos trastornos do ritmo cardíaco categorízanse en cinco grupos:
- Arritmias sinusais
- Bradicardia sinusal
- Taquicardia sinusal
- Arritmia sinusal
- Síndrome do nó doente
- Paro sinusal.
- Bloqueo sino-auricular.
- Arritmias supraventriculares
- Ritmos de unión auriculoventricular (AV)
- Taquicardia da unión
- Ritmo acelerado da unión
- Bloqueo auriculoventricular
- Contraccións prematuras ou latexos cardíacos ectópicos
- Contracción auricular prematura
- Contracción prematura da unión
- Contracción ventricular prematura
- Arritmias ventriculares sostidas
Notas
editar- ↑ Medline Plus (ed.). "Arritmias". Consultado o 2 de febreiro de 2014.
- ↑ Ministerio de Salud. Gobierno de Chile. (ed.). "Trastornos de xeración do impulso cardíaco e condución." (PDF). Consultado o 2 de febreiro de 2014.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cardiac arrhythmia artigo na Scholarpedia (en inglés)