TVT Records

selo discográfico estadounidense

TVT Records é un selo discográfico independente fundado por Steve Gottlieb. Entre os grupos que promocionaron estivo Nine Inch Nails, Ja Rule, Lil Jon, Underworld, The KLF, Sevendust, Brian Jonestown Massacre e Pitbull. Os seus maiores éxitos comerciais foron o triplo platino de Nine Inch Nails Pretty Hate Machine, dúas edicións de platino de Lil Jon, e os tamén lanzamentos de platino de Snoop Dogg and the Eastside Boyz, Dashboard Confessional, Default e Ying Yang Twins.

TVT Records
Tiposelo discográfico
Data de fundaciónagosto de 1984
Data de disolución2008
Fundador(es)Steve Gottlieb
SedeNova York
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.TvTrecords.com
MySpace: tvtrecords Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dende 2001 ata 2006, TVT foi recoñecida pola revista Billboard como a discográfica independente máis grande. O seu éxito débese en parte á súa edición de traballos dun amplo rango de xéneros musicais con distribución independente.

Historia

editar

TeeVee Toons fundouna en 1985 Steve Gottlieb, un graduado en dereito polas universidades de Yale e Harvard. Gottlieb iniciou o selo dende o seu apartamento de Nova York coa edición do álbum Television's Greatest Hits, que contiña temas de programas clásicos da televisión e que tivo unhas vendas respectables. En 1986, TeeVee Toons foi acurtado a TVT Records, un selo que asinaría con artistas nas seguintes dúas décadas como The Saints, Shona Laing, Nine Inch Nails, The Connells, Aphex Twin, Tackhead, Underworld, Gravity Kills, Buck-O-Nine, Jurassic Five, Sevendust, Default, XTC, Guided By Voices, Jimmy Page e The Black Crowes, Bounty Killer, KMFDM, Brian Jonestown Massacre, Gil Scott-Heron, Tha Eastsidaz, Just Jack, Lil Jon, Ying Yang Twins, Pitbull, Teedra Moses e Ambulance LTD.

TVT continuou lanzando bandas sonoras de televisión, cine, e musicais de Broadway. Expandiu o seu Television's Greatest Hits a unha serie de 8 volumes e editou ao redor de 30 bandas sonoras.

En 1992, TVT mercou o selo de Chicago Wax Trax! Records, unha discográfica independente que estivera na vangarda da edición da música industrial nos 80. Isto proporcionoulle a TVT o catálogo de artistas como Ministry, My Life with the Thrill Kill Kult ou KMFDM entre outros.

En 1999 TVT completou unha titularización o que lle permiteu aumentar o seu capital en 23,5 millóns de dólares. No 2000 abriu TVT Distribution, unha compañía de distribución independente para selos de terceiros, entre eles Vagrant Records.

A editora do selo, TVT Music Publishing asinou cos compositores e produtores Scott Storch e Lil Jon. Estes artistas, xunto con outros, axudaron a que TVT Music Publishing acumulase ao redor dun cento de cancións US Hot 100, gravadas por artistas como Usher, Pink, Beyoncé, Christina Aguilera e Justin Timberlake.

TVT foi un líder na explotación dixital da música. No 2000 converteuse no primeiro selo en poñer todo o seu catálogo en liña, dispoñible para a descarga e podendo ser escoitado en streaming de xeito gratuíto. No ano seguinte, TVT acadou un acordo amigable con Napster para usar os dereitos dos artistas do selo, e o CEO de TVT uniuse á xunta consultiva de Napster. Gottlieb presentouse ante o Comité Xudicial do Senado en 2001 nun xurado que incluía a Richard Parsons, entón á cabeza de Time Warner e a Ken Berry, presidente de EMI, e aos artistas Alanis Morissette e Don Henley.

TVT foi membro fundador da Association of Independent Music (A2IM), creada para protexer os dereitos e intereses dos selos independentes.

No ano 2002, o selo tivo unha disputa con Lyor Cohen, entón presidente de Island Def Jam. O proceso involucraba a Cohen e a Universal, que pagaran 8 millóns de dólares ao antigo artista de TVT Ja Rule por non entregar un álbum pagado por TVT. No litixio resultante, prohibiuselle a Universal editar o material creado con fondos de TVT como se propuxera facer. No xuízo final sobre as reclamacións de fraude e interferencia extracontractual, un xurado outorgoulle a TVT 123 millóns. Universal negouse a esta resolución e apelou. Na apelación Cohen e Universal argumentaron a existencia dun acordo entre as partes que significaba que o seu comportamento era só un incumplimento de contrato e non unha fraude ou un acto ilícito. O tribunal aceptou a apelación, reducindo a cantidade a recibir por parte de TVT a 126.000 dólares.

No ano 2007, TVT perdeu unha demanda de 9 millóns de dólares con Slip-N-Slide Records, cando un xuíz de Florida ditaminou que Slip-N-Slide tiña os dereitos legais dalgunhas das primeiras gravacións do rapeiro Pitbull. TVT tratara de notificar a terceiros as súas crenzas de que a distribución e venda das gravacións violaban os dereitos exclusivos de TVT de que o artista crease nova música. O xurado fallou en contra de TVT e o selo apelou, pero foi incapaz de depositar a fianza requirida. Fronte unha orde de embargo, a compañía declarouse en quebra.

O 19 de febreiro do 2008, Gottlieb afirmou "este non é o final de TVT". No mes de xuño, porén, o selo de música dixital The Orchard foi declarado gañador por un tribunal de quebras de Nova York e conseguiu o control dos contratos dos artistas de TVT, o seu catálogo de gravacións e a súa infraestrutura de distribución, e polo tanto o selo TVT Records desapareceu. Os activos de edición musical foron transferidos a TVT Music Enterprises, e posteriormente adquiridos por Reservoir Media Management.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar