Troponina I tipo 2

(Redirección desde «TNNI2»)
PDB 1a2x
Troponina I tipo 2 (músculo esquelético, rápida)
Identificadores
Símbolo TNNI2
Símbolos alt. AMCD2B, DA2B, FSSV
Entrez 7136
HUGO 11946
OMIM

191043

RefSeq NM_003282
UniProt P48788
Outros datos
Locus Cr. 11 p15.5

A troponina I, músculo esquelético rápido ou troponina I tipo 2 (TNNI2) é unha proteína que nos humanos está codificada polo xene TNNI2 do cromosoma 11.[1][2] É unha das tres isoformas da troponina I; as outras dúas son TNNI1 e TNNI3. Esta isoforma exprésase nos músculos esqueléticos de contracción rápida nos adultos. Tamén se atopou na cartilaxe, epitelio corneal e glándula mamaria, e nos ratos atopouse no músculo liso vascular.[2] Únese á actina dos filamentos finos musculares mantendo inhibida a contracción muscular (cando o calcio se une á troponina C esta inhibición desaparece). A troponina é un complexo de tres subunidades: troponina C, I e T.

As mutacións no seu xene dan lugar a miopatía e artrogripose distal de tipo 2B.[2]

Notas editar

  1. Tiso N, Rampoldi L, Pallavicini A, Zimbello R, Pandolfo D, Valle G, Lanfranchi G, Danieli GA (Mar 1997). "Fine mapping of five human skeletal muscle genes: alpha-tropomyosin, beta-tropomyosin, troponin-I slow-twitch, troponin-I fast-twitch, and troponin-C fast". Biochem Biophys Res Commun 230 (2): 347–50. PMID 9016781. doi:10.1006/bbrc.1996.5958. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Entrez Gene: TNNI2 troponin I type 2 (skeletal, fast)". 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar