Tōru Takemitsu (武満 徹, Takemitsu Tōru), nado en Toquio o 8 de outubro de 1930 e finado o 20 de febreiro de 1996, foi un compositor musical xaponés. Explorou os principios da composición musical propios da música clásica occidental e a tradición musical xaponesa (tanto por separado como en combinación).

Infotaula de personaTōru Takemitsu

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ja) 武満徹 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de outubro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Cidade de Tóquio (Imperio do Xapón) Editar o valor em Wikidata
Morte20 de febreiro de 1996 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Minato, Xapón Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de vexiga Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeXapón Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Artes de Tóquio (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , escritor , guitarrista clásico , compositor de bandas sonoras , pedagogo , autodidata (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Yale Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica impresionista Editar o valor em Wikidata
ProfesoresYasuji Kiyose (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosAlexandros Kalogeras (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua xaponesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoDeutsche Grammophon Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0006316 Allocine: 41434 Allmovie: p69640
Spotify: 5p6TCmGe9IygOnvamIaZpA iTunes: 579849 Last fm: 武満徹 Musicbrainz: 4e871dff-df89-45f5-857f-28067cdc9d5e Songkick: 2950821 Discogs: 115467 Allmusic: mn0000373832 WikiTree: 武滿-1 Genius: Toru-takemitsu Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Takemitsu interesouse nun principio pola música clásica occidental nos tempos da segunda guerra mundial. Escoitaba música occidental nunha emisora de radio militar americana mentres se estaba a recuperar dunha longa enfermidade. Tamén escoitaba jazz da ampla colección fonográfica do seu pai.

Takemitsu foi basicamente autodidacta en música, e estivo moi influenciado pola música clásica francesa (en particular pola de Claude Debussy e Olivier Messiaen). En 1951 fundou Jikken Kobo, un grupo que introduciu a obra de moitos compositores europeos contemporáneos ao público xaponés.

Ao principio, o interese de Takemitsu pola música tradicional xaponesa foi pouco, pero máis tarde incorporou instrumentos xaponeses, como o shakuhachi (unha especie de frauta de bambú) á orquestra. A súa obra November Steps (1967), para shakuhachi, biwa (laúde xaponés) e orquestra foi a primeira peza filharmónica na que se mesturaron instrumentos occidentais e orientais. Outra obra, In an Autumn Garden (1973-79) foi escrita para unha orquestra que de gagaku (música tradicional da corte imperial xaponesa). Obras como Eclipse (1966) para shakuhachi e biwa, Voyage (1973), para tres biwas, poden mencionarse como pezas que se derivan derivan claramente dos xéneros tradicionais.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Peter Burt, The Music of Toru Takemitsu (Cambridge University Press, 2001)
  • Noriko Ohtake, Creative sources for the Music of Toru Takemitsu (Ashgate, 1993)
  • Toru Takemitsu, Confronting Silence (Fallen Leaf Press, 1995)
  • Ziad Kreidy, TAKEMITSU à l’écoute de l’inaudible (L'Harmattan, 2009)