Río Támese

(Redirección desde «Támesis»)

O río Támese[1][2] ou río Támesis[3][4][5][6] (en inglés Thames, pronunciado /temz/) é un río de Inglaterra que conecta Londres co mar. Hoxe en día é o río máis importante de Inglaterra e a principal fonte de abastecemento de auga de Londres.

Thames (en inglés)
Támese (en galego)
Támesis (en galego)
PaísReino Unido
NacementoThames Head
Altitude110 m
Lonxitude346 km
Conca12.935
Caudal medio65.8
DesembocaduraMar do Norte
Altitude desembocadura0 m
Curso do Támese
O río Támese ao paso por Londres.

Etimoloxía editar

O nome do río é prerromano, dunha raíz indoeuropea *tam- "de cor escura"[7] que aparece en numerosos hidrónimos galegos: Tamuxe, Tambre, Támoga, Támega., Tameiga en Mos.

Curso editar

As fontes do Támese atópanse preto da localidade de Kemble; segue logo ata Oxford, Wallingford, Reading, Henley-on-Thames, Marlow, Maidenhead, Eton, Windsor e Londres. O Támese ten unha lonxitude de 346 quilómetros e desemboca no Mar do Norte.[Cómpre referencia]

Historia editar

Durante o Plistoceno, o primitivo río Támese fluía dende Gales ata Clancton-on-Sea, percorrendo o que na actualidade é o Mar do Norte para rematar sendo un afluente do Rin. Este curso bloqueouse por unha masa de xeo durante a Idade do xeo. O río desviouse ata tomar o seu curso actual, chegando ata a que hoxe é a cidade de Londres.[Cómpre referencia]

 
O Támese xeado (1677).

Durante os séculos XVI e XVII, o río foi un dos principais medios de transporte entre Londres e Westminster. Durante os séculos XVII e XVIII, o río conxelouse en diversas ocasións. Dende entón, o Támese non se volveu a conxelar totalmente. A construción dunha nova ponte de Londres, con menos alicerces cá antiga, permite que o río flúa con máis facilidade, evitaron que a corrente sexa demasiado lenta, o que permitiría a conxelación das augas.[Cómpre referencia]

A partir do século XIX o río comezou a contaminarse. A finais dese século e ata mediados do século XX, realizouse unha limpeza masiva do Támese. Na actualidade é un dos ríos máis limpos dos que flúen a través dunha gran cidade.[Cómpre referencia]

 

A regata Oxford-Cambridge editar

O Támese é o escenario dunha das carreiras máis populares do Reino Unido: a regata Oxford-Cambridge, que enfronta cada ano aos remeiros das universidades de Oxford e Cambridge.[Cómpre referencia]

Notas editar

  1. Fernández Salgado, B. (2004): Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega, páx. 1138. Galaxia. ISBN 978-84-8288-752-4
  2. Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2000. : "Támese (Thames) Río de Gran Gretaña..."
  3. Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo. 1999-2002. p. 482. ISBN 84-7680-288-9. : "Támesis [ing:Thames] Río más importante de Inglaterra..."
  4. Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. Támesis, R.: páxinas 136 (B1) e 138 (D3). ISBN 978-84-8289-328-0.
  5. Diccionario enciclopédico galego universal 57. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 10. ISBN 84-7680-429-6. : "Támesis [ingl: Thames] Principal río de Inglaterra..."
  6. Rosón Porto, Gabriel e Varela, Ramiro, Manual de oceanografía física descritiva, UVigo, 2002.
  7. Artigo no Portal das Palabras da RAG onde falan da etimoloxía de Tambre

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar