Sycamore Gap Tree

O Sycamore Gap Tree ou, máis recentemente, árbore de Robin Hood era un sicómoro ou pradairo que se atopaba xunto á muralla de Hadrián preto de Crag Lough en Northumberland, Inglaterra. Este treito da muralla segue o bordo dun penedo, un afloramento do Whin Sill, e varias caídas bruscas nel provocadas polo derretemento das augas glaciares. A árbore, un exemplar de Acer pseudoplatanus duns centos de anos[1] estaba dentro dun destes mergullos (gap) co penedo e o muro elevándose drasticamente a cada lado. O muro e os terreos adxacentes, incluído o lugar da árbore, son propiedade do National Trust, que tamén lle puxo o nome.[2][3]

Sycamore Gap Tree
Presentación
Nome localRobin Hood tree (árbore de Robin Hood)
DirecciónPreto do Muro de Adriano, en Inglaterra
PropietarioNational Trust
CaracterísticasPradairo centenario

Historia editar

Era unha das árbores máis fotografadas do país, e moi popular para fotógrafos astronómicos. O seu nome alternativo derivou de aparecer nunha escena destacada da película de 1991 de Kevin Costner Robin Hood, príncipe dos ladróns. A árbore gañou o premio England Tree of the Year en 2016 e foi nomeada como Árbore Europea do Ano.[1] Foi talada e derrubada na madrugada do 28 de setembro de 2023 nun acto de vandalismo.[4] Ao parecer, foi cortada cunha motoserra, na base do seu tronco,[5] cunha liña branca pintada con aerosol xusto debaixo do corte.[6] A policía de Northumbria detivo un mozo de 16 anos acusado dun delito penal de danos.[7]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Tree of the year". www.treeoftheyear.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2017. Consultado o 2023-09-29. 
  2. "Famous Hadrian's Wall tree wins national competition". News and Star (en inglés). 2016-12-29. Consultado o 2023-09-29. 
  3. "Hadrian's Wall and Housesteads Fort". National Trust (en inglés). Consultado o 2023-09-29. 
  4. Alao, Lola Christina (2023-09-29). "Where is the Sycamore Gap and how old was the tree?". Evening Standard (en inglés). Consultado o 2023-09-29. 
  5. Vinter, Robyn; correspondent, Robyn Vinter North of England (2023-09-28). "Famous Sycamore Gap tree at Hadrian’s Wall found cut down". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-09-29. 
  6. Saunders, Tom Laurence Sleator; Adam Vaughan, Environment Editor; (2023-09-29). "Sycamore Gap tree at Hadrian’s Wall unlikely to regrow, say experts" (en inglés). ISSN 0140-0460. Consultado o 2023-09-29. 
  7. "Sycamore Gap: Boy, 16, arrested after Hadrian's Wall tree felled". BBC News (en inglés). 2023-09-28. Consultado o 2023-09-29. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar