Muralla de Hadrián

(Redirección desde «Muro de Hadrián»)

O Muro ou Muralla de Hadrián (en latín: Vallum Hadriani) é unha antiga construción defensiva da illa de Gran Bretaña, erguida entre os anos 122-132 por orde do emperador romano Hadrián para defender o territorio britano sometido, ao sur da muralla, das belicosas tribos dos pictos que se estendían ao norte da mesma, no que chegaría a ser Escocia trala invasión dos escotos provenientes de Irlanda. A muralla tiña como función tamén manter a estabilidade económica e crear condicións de paz na provincia romana de Britania ao sur, así como marcar fisicamente a fronteira do Imperio. Hoxe día aínda subsisten importantes treitos da muralla.

Muralla de Hadrián

TipoLimites romani, fortificação fronteiriça (pt) Traducir, sitio arqueolóxico romano, atracción turística e fronteira internacional Editar o valor en Wikidata
EpónimoHadriano Editar o valor en Wikidata
Parte deLimes Britannicus (en) Traducir e fronteiras do Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
CulturaRoma Antiga Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Mantido porNational Trust Editar o valor en Wikidata
Operador/aEnglish Heritage Editar o valor en Wikidata
Creador/aHadriano Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación122 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
2005, 2008 extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura3,5 m e 6 m Editar o valor en Wikidata
Anchura1,8 m e 6 m Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 55°01′27″N 2°17′33″O / 55.0242, -2.2925
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsNordeste de Inglaterra
Condado cerimonialNorthumberland Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1987 (11ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ii), (iii) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade2005, 2008 Editar o valor en Wikidata
Identificador430-001
Composto por
Contacto
Páxina WEBenglish-heritage.org.uk… Editar o valor en Wikidata
RedesTwitter: ehhadrianswall BNE: XX5047784 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

Este limes fortificado estendíase durante 117 km desde o golfo de Solway, no oeste, ata o esteiro do Tyne no leste, e estaba flanqueado polas poboacións de Pons Aelius (actual Newcastle) e Maglona (Carlisle). A muralla en si estaba construída na súa totalidade con perpiaños, tiña un canto de 2,4 a 3 m e unha altura de entre 3,6 e 4,8 m. Contaba con 14 fortes principais e 80 fortíns que albergaban gornicións en puntos claves de vixilancia, así como un foxo na súa parte setentrional de 10 m e un camiño militar que a percorría polo seu lado meridional. O seu nome úsase en ocasións como sinónimo da fronteira entre Escocia e Inglaterra, aínda que na maioría da súa lonxitude, o muro segue unha liña máis ao sur que a fronteira moderna.

A súa función defensiva foi asumida pola muralla de Antonino, erguida máis ao norte e abandonada tras un breve período de tempo diante da hostilidade dos tribos caledonias, volvendo a muralla de Hadrián a ser o límite setentrional do territorio romano de Britania. Os pictos atravesaron a muralla en tres ocasións, en 197, 296 e 367. Foi reparada e ampliada en 209, durante o reinado de Septimio Severo, e definitivamente abandonada no ano 383.

A UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade en 1987. A "English Heritage", unha organización gobernamental a cargo do contorno histórico de Inglaterra, descríbeo como "o monumento máis importante construído polos romanos en Gran Bretaña".

Galería

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar