O Major Oak (en galego, carballo maior) é un carballo centenario da especie Quercus robur que se atopa no bosque de Sherwood, preto da cidade de Edwinstowe, en Nottinghamshire, Inglaterra.

O Major Oak en outubro de 2014.
O Major Oak en decembro de 2006.

Historia editar

Segundo as lendas locais, esta árbore serviu de refuxio para Robin Hood e a súa banda.

Foi nomeado por primeira vez coa súa denominación actual nunha descrición feita polo maior Hayman Rooke no ano 1790.[1]

Está representado na bandeira de Nottinghamshire, en cuxo escudo aparece a silueta de Robin Hood.

Dimensións editar

O tronco ten un perímetro de 10 metros e unha copa arbórea de 28 metros. O seu peso aproximado é de 23 toneladas e a súa idade estimada está entre os 800 e os 1000 anos.[2]

Popularidade editar

Nunha enquisa de 2002, foi votada como "a árbore favorita de Gran Bretaña".[3] En 2014 foi elixida como "Árbore do ano en Inglaterra" por unha enquisa publicada polo Woodland Trust, recibindo o 18% dos votos.[4]

Notas editar

  1. Nottinghamshire County Council. "History of Sherwood Forest, Robin Hood and Major Oak | Nottinghamshire County Council". Nottinghamshire.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  2. Biggs, Paul; Biggs, Sandra (1999). Best Tea Shop Walks in Nottinghamshire. Wilmslow: Sigma Leisure. p. 50. ISBN 978-1-85058-684-5. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  3. Nottinghamshire County Council (7 de agosto de 2016). "Sherwood Forest Country Park | Nottinghamshire County Council". Nottinghamshire.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 29 de outubro de 2016. 
  4. "'Robin Hood' Major Oak wins Tree of the Year competition - BBC News". Bbc.co.uk. 4 de novembro de 2014. Consultado o 29 de outubro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar