Acentuación védica
A acentuación do védico énos descrita en detalle polo gramático indio Pāṇini; como o indoeuropeo, o sánscrito das orixes utilizaba un acento de altura e non un acento tónico. Así foi tamén o caso en latín, grego antigo, letón e aínda en lituano etc. O acento védico permitía opoñer pares mínimos: así súkr̥ta, « ben feito » ~ sukr̥tá, « beneficencia » (o acento nótase xeralmente por medio dun til agudo sobre a vogal tónica). Non todas as palabras estaban necesariamente acentuadas (o verbo, por exemplo, é adoito átono; todo dependía de feito do seu modo, o seu tempo e a súa posición na frase).
Nota : todas as palabras sánscritas son citadas segundo a transcrición tradicional.
Este acento, anotado con precisión nos textos védicos antigos, parece ter desaparecido na época de Patañjali; é ademais notábel que as linguas neoindias actuais non gardaron, agás o pañjābī, ningunha traza dun acento tal e tampouco desenvolveron acento tónico (mentres que o latín, o grego e as linguas bálticas transformaron ao se vulgarizaren, o seu acento dese xeito). Este acento de altura debía consistir simplemente nunha elevación da voz nunha das sílabas da palabra.
Pāṇini describe en detalle un sistema do que non se pode asegurar que corresponda co orixinal, que utilizaba tres rexistros e modulacións; tampouco corresponde cos utilizados hoxe en día, que son moi variábeis e dependen dos textos recitados e mais das escolas de recitación. Cómpre saber que non todas as recitacións dos Veda son con entonación. Este sistema de recitación pódese comparar coa lectura taǧwīd (tajwîd) do Corán, é dicir unha lectura lonxe da dicción habitual, aplicada, próxima ao canto e á ladaíña.
Nocións fundamentais
editar- A sílaba tónica chámase udātta (« elevado »); márcase en transcrición por un til agudo e pronúnciase nun rexistro alto; todos os outros tonemas dedúcense da udātta;
- As sílabas átonas son chamadas anudātta (« non elevado ») e pronúncianse nun rexistro medio; a transcrición non as marca; o anudātta non se marca;
- A sílaba que segue ao udātta, chámase svarita (« resoante »); modúlase alto→medio; a transcrición marca a sílaba svarita cun til grave.
Os tons, ao se seguiren, poden modificarse (á maneira, por exemplo, dos tons do mandarín: un terceiro ton que siga a outro terceiro ton vólvese nesta lingua un segundo ton. Así: 給我 gěi wǒ, « para mín », pronúnciase géi wǒ). Por outra banda, as modificacións sufridas polos fonemas da palabra ao contacto cos das outras (« sandhi ») poden tamén contevar trasformacións tonais. Na recitación saṃhitā (« recitación ligada », por oposición a unha recitación palabra a palabra, chamada padapāṭha), as modificacións non se deteñen nos límites das palabras.
As principais modificacións son as seguintes (nota: A
representa calquera sílaba, Y
calquera consoante sonante, I
calquera vogal sonante, a
calquera vogal):
- modificacións tonais fundamentais:
- udātta + anudātta → udātta + svarita (Á+A → Á+À): sandhi tonal descrito máis arriba, é a transformación regular dunha sílaba postónica e átona en svarita; chámase a esta sílaba svarita śuddha (« svarita simple »), ou « svarita enclítica » en Occidente; Non hai, en transcrición, símbolo específico que permita distinguir os svarita enclíticos dos outros svarita: o acento grave marca os dous tipos (neste artigo, o dobre acento grave ha permitir en cada caso distiguir os dous),
- anudātta + udātta ou svarita → sannatara + udātta ou svarita (A+Á/À → A+Á/À): unha sílaba anudātta que precede unha udātta (ou unha svarita) é designado polo termo de sannatara (« máis feble »); pronúnciase nun rexistro baixo pero permanece considerada como un anudātta ; nunha transcrición detallada, sulíñase a vogal sannatara; este sandhi vence ao precedente: ou sexa a secuencia Á+A+Á; esta non pasa a Á+À+Á senón a Á+A+Á,
- svarita + anudātta (+ anudātta...) → svarita + pracaya (+ pracaya...) (À+A → À+Â): todas as sílabas anudātta que seguen unha svarita vólvense pracaya; son pronunciadas nun rexistro situado entre os rexistros medio e alto, sen modulación (rexistro chamado ekaśruti, « monótono »); a transcrición non nota os pracaya (neste artigo, farase por medio dun circunflexo),
- svarita non enclítico + udātta ou svarita non enclítico → kampa + udātta ou svarita (À+Á/À → Ã+Á/À): esta modificación é opcional; a sílaba kampa (« tremor ») é modulada á maneira dun trémolo (pódese notar o kampa, neste artigo, por medio do til),
- modificación da estrutura prosódica (ÍY+à → Yà) : cando unha palabra posúe un udātta e un svarita o segue, pode ocorrer, se a vogal o permite, que a sílaba udātta desapareza por consonantificación. Nese caso, o svarita fica so: súvàr (« luz, prosperidade ») pode pronunciarse svàr, pasando o grupo /-úv-/ a /-v-/;
- modificacións debidas ao encontro entre vogais: o sánscrito posúe un gran número de regras que fixan os encontros entre vogais co fin de eliminar os hiatos, pola consonantificación das sonantes vocalizadas, a clase ou a aférese principalmente (ver tamén sandhi do sánscrito para máis detalles); cando as vogais concernidas son tónicas, as modificacións son as seguintes:
- consonantificación das sonantes: sonante vocalizada udātta ou svarita + vogal udātta → consoante + svarita (Í/Ì+a → Yà); o svarita obtido chámase « independente » e kṣaipra (« rápido »); así; hí + anyé → hyànyé,
- clase:
- nunha mesma palabra: vogal udātta + vogal anudātta → vogal contracta udātta (-á- + -a- → -ā́-) ou vogal anudātta + vogal udātta → vogal contracta udātta (-a- + -á- → -ā́-),
- entre dúas palabras (regra opcional): vogal udātta + vogal anudātta → vogal contracta svarita (-á + a- → -ā̀-); tal svarita é independente e praśliṣṭa (« coalescente »),
- aférese: /é/ ou /ó/ + /a/ → /è/ ou /ò/; fálase dun svarita independente abhinihita (« contíguo »).
Todas estas regras se encadean de maneira que dan á recitación en saṃhitā (recitación ligada) as estruturas canónicas seguintes:
- A + Á + Ȁ + Â + Â...: sannatara + udātta + svarita śuddha + pracaya + pracaya... (ata a seguinte sílaba non anudātta), ou
- A + À + Â + Â... : sannatara + svarita « independente » + pracaya + pracaya... (ata a seguinte sílaba non anudātta).
Nota: para mellorar a lisibilidade dun texto particularmente cargad de diacríticos, notáronse as vogais longas coa letra latina seguida [ː] mellor ca co macron subscrito, agás, claro está, para /e/, /o/, /ai/ e /au/, que son sempre longos. Lembremos que neste artigo os acentos de altura e as súas variantes son notados así: Á para o udātta, A para o anudātta, A para o anudātta sannatara,  para o anudātta pracaya, À para o svarita independente, Ȁ para o svarita śuddha, e à para o svarita kampa.
Convén proceder por orde. Como os anudātta sannatara teñen, por exemplo, preferencia sobre os svarita śuddha, situaremosa aqueles en primeiro lugar, sabendo que ningún sannatara pode volverse svarita śuddha. Como vimos rapidamente, os textos védicos poden ser recitados de diversas maneiras para asegurar unha aprendizaxe perfecta dos fonemas: as recitacións padapāṭha e saṃhitā son as máis habituais, entre unha plétora doutras. Segundo o método de recitación, a localización dos tons será moi diferente.
Padapāṭha
Na recitación padapāṭha (« palabra a palabra »), os tons non se ven influenciados a través do límite das palabras, que tampouco se adaptan segundo as regras de sandhi externo (cf. sandhi (sánscrito)).
1. posición dos udātta :
- devíːm | váːcam | ajanayanta | deváːḥ | táːm | viśváːruːpaːḥ | paśávaḥ | vadanti ||
- sáː | naḥ | mandráː | íṣam | úːrjam | dúhaːnaː | dhenúḥ | váːk | asmáːn | úpa | sú-stutaː | áː | etu ||
2. posición dos anudātta sannatara :
- de̱víːm | váːcam | ajanayanta | de̱váːḥ | táːm | vi̱śváːruːpaːḥ | pa̱śávaḥ | vadanti ||
- sáː | naḥ | ma̱ndráː | íṣam | úːrjam | dúhaːnaː | dhe̱núḥ | váːk | a̱smáːn | úpa | sú-stutaː | áː | etu ||
3. posición dos svarita śuddha :
- de̱víːm | váːcȁm | ajanayanta | de̱váːḥ | táːm | vi̱śváːrȕːpaːḥ | pa̱śávȁḥ | vadanti ||
- sáː | naḥ | ma̱ndráː | íṣȁm | úːrjȁm | dúhȁːnaː | dhe̱núḥ | váːk | a̱smáːn | úpȁ | sú-stȕtaː | áː | etu ||
4. posición dos anudātta pracaya :
- de̱víːm | váːcȁm | ajanayanta | de̱váːḥ | táːm | vi̱śváːrȕːpâːḥ | pa̱śávȁḥ | vadanti ||
- sáː | naḥ | ma̱ndráː | íṣȁm | úːrjȁm | dúhȁːnâː | dhe̱núḥ | váːk | a̱smáːn | úpȁ | sú-stȕtâː | áː | etu ||
Saṃhitā
Esta lectura é máis complexa: aplícanse as regras de sandhi externo (así os /m/ finais vólvense anusvāra diante dos fonemas que o demandan, paśávaḥ vólvese paśávo diante dunha palabra con inicial sonora, os hiatos resólvense por clase, aférese etc.); do mesmo xeito, o sandhi tonal non se detén no límite das palabras. Ao final, o texto (sen acentos) convértese no seguinte:
- devīṃ vācam ajanayanta devās tāṃ viśvārūpāḥ paśavo vadanti |
- sā no mandreṣam ūrjaṃ duhānā dhenur vāg asmān upa suṣṭutaitu ||
1. posición dos udātta:
- devíːṃ váːcam ajanayanta deváːs táːṃ viśváːruːpaːḥ paśávo vadanti |
- sáː no mandréṣam úːrjam dúhaːnaː dhenúr váːg asmáːn úpa súṣṭutaítu ||
Nótanse tres clases: * mandrá + íṣam → mandréṣam: non hai regra particular, dando a clase de dous udātta unha sílaba udātta; * súṣṭutaː + áː → súṣṭutáː: regra 2.2.1; * súṣṭutáː + etu → súṣṭutaítu: regra 2.2.1; a regra 2.2.2 poderíase aplicar e dar un svarita; porén é opcional.
2. posición dos anudātta sannatara:
- de̱víːṃ váːcam ajanayanta de̱váːs táːṃ vi̱śváːruːpaːḥ pa̱śávo vadanti |
- sáː no ma̱ndréṣa̱m úːrja̱m dúhaːnaː dhe̱núr váːg a̱smáːn úpa̱ súṣṭu̱taítu ||
3. posición dos svarita śuddha:
- de̱víːṃ váːcȁm ajanayanta de̱váːs táːṃ vi̱śváːrȕːpaːḥ pa̱śávȍ vadanti |
- sáː nȍ ma̱ndréṣa̱m úːrja̱m dúhȁːnaː dhe̱núr váːg a̱smáːn úpa̱ súṣṭu̱taítȕ ||
4. posición dos anudātta pracaya:
- de̱víːṃ váːcȁm âjânâyântâ de̱váːs táːṃ vi̱śváːrȕːpâːḥ pa̱śávȍ vâdântî |
- sáː nȍ ma̱ndréṣa̱m úːrja̱m dúhȁːnâː dhe̱núr váːg a̱smáːn úpa̱ súṣṭu̱taítȕ ||
O texto non posúe svarita independente, nin polo tanto kampa. A súa tradución é a seguinte: « Os deuses enxendraron a deusa da Palabra, e todos os seres vivos fálanat. Que esta vaca, que berra agradabelmente e dá do seu leite libacións roborativas, o mesmo que a palabra cando está ben dita, veña a nós. »
A recitación do R̥g Veda polos brahmanas tamís tal e como se fai hoxe en día é moi próxima a un sistema tal.