Suzanne Valadon

pintora francesa

Marie-Clémentine Valade, nada en Bessines-sur-Gartempe o 23 de setembro de 1865 e finada en París o 7 de abril de 1938, foi unha pintora e modelo francesa, coñecida como Suzanne Valadon.[1][2]

Modelo:BiografíaSuzanne Valadon

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1865 Editar o valor en Wikidata
Bessines-sur-Gartempe, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte7 de abril de 1938 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
16º distrito de París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSaint-Ouen Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesSuzanne Moussis
Suzanne Utter Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintora, debuxante, gravadora, modelo, modelo artístico, artista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1870 Editar o valor en Wikidata - 1938 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNatureza morta, retrato, nudez na arte e Arte de paisaxes Editar o valor en Wikidata
MovementoPostimpresionismo e Simbolismo Editar o valor en Wikidata
Catálogo críticoL'Œuvre complet de Suzanne Valadon (en) Traducir (1971) Editar o valor en Wikidata
AlumnosMaurice Utrillo Editar o valor en Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor en Wikidata
Participou en
1 de agosto de 1936D.O.O.D. (en) Traducir
1926Salón dos Independentes
21 de abril de 1911Salon des indépendants de 1911 (en) Traducir
31 de outubro de 1903Salón de Outono
Société nationale des beaux-arts (en) Traducir
Salon des Tuileries (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAndré Utter (1914–1938), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
ParellaAndré Utter (1914–1919)
Erik Satie (1893–)
Miguel Utrillo (1889–1893) Editar o valor en Wikidata
FillosMaurice Utrillo
 () Miguel Utrillo Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrandes Mestras das Artes (pt) Traducir, (p.325)
Obálky knih,
Concise Dictionary of Women Artists (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1472167 Discogs: 2726315 WikiTree: Valadon-3 Find a Grave: 9001153 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Valadon como modelo en Baile en Bougival (1883), de Pierre-Auguste Renoir

Valadon era filla dunha lavandeira solteira coa que foi a vivir ao barrio de Montmartre de París cando era moi nova. Aos quince anos comezou a traballar como acróbata de circo, mais unha caída non tardou en frear esta actividade. Chamou a atención de pintores (Edgar Degas, Pierre Puvis de Chavannes, Henri de Toulouse-Lautrec, Pierre-Auguste Renoir...) que a solicitaron como modelo e ela, posando e intuitivamente, foi aprendendo os pormenores da técnica pictórica. Con dezaoito anos e de pai descoñecido, tivo o seu fillo Maurice.

En 1889 coñeceu o catalán Miquel Utrillo, enxeñeiro, crítico e tamén pintor, que xa estivera en París de mozo e que regresaba por mor da Exposición Universal. Mantiveron unha relación apaixonada, ata o punto de que recoñeceu o seu fillo, o futuro pintor Maurice Utrillo (1883-1955), ao que entón lle cambiou o apelido. En 1890 Suzanne Valadon expuxo por primeira vez unha serie de retratos, entre eles o do compositor Erik Satie, e inmediatamente fíxose un nome entre os pintores do momento.

En 1893 deixou a Utrillo para converterse en amante de Satie, unión que durou pouco tempo. O ano seguinte ingresou na Société Nationale des Beaux-Arts, a primeira muller en ser admitida alí. En 1896 casou con Paul Mousis, un corretor de bolsa que lle proporcionou unha situación o suficientemente cómoda como para dedicarse plenamente á arte.

En 1909, xa consolidada como pintora, divorciouse do seu marido e uniuse a un mozo pintor amigo do seu fillo e que só tiña 22 anos, André Utter, co que acabou casando en 1914. Este matrimonio, aínda que moi tumultuoso, durou ata o final. Pintaba con moderación mentres se adicaba intensamente á vida social, na que se fixo famosa polas súas excentricidades, como levar sempre un feixe de cenorias nas mans, ter unha cabra no seu apartamento para darlle de comer os debuxos que non lle gustaban, ou convidar os amigos o primeiro venres de cada mes (unha burla ao costume católico) para veren como lle daba caviar ao seu gato. O trío Valadon-Utrillo-Utter era coñecido como a «Trinité Maudite» (trindade maldita) polas súas extravagancias autodestrutivas.

Tamén expuxo en Barcelona. Entre 1915 e 1919, sen que se coñeza a data exacta, participou nunha exposición colectiva de obras dunha gran casa fidalga que se celebrou nas Galeries Laietanes. Na mesma sala, en 1932 a súa obra tamén formou parte dunha exposición-venda dunha colección de procedencia privada e contra 1935 estivo entre os artistas dunha mostra semellante.[3]

Suzanne Valadon morreu rodeada dos seus amigos os pintores André Derain, Georges Braque e Pablo Picasso.

Suzanne Valadon cultivou principalmente os bodegóns e as paisaxes, cunha técnica vistosa e moi elaborada. A miúdo traballou durante anos no mesmo cadro antes de dalo a coñecer.

A súa obra consérvase en moitos museos franceses, incluíndo o Centro Georges Pompidou de París, que ten unha importante colección de debuxos,[4] e o Musée de Montmartre, onde se pode visitar o seu apartamento-taller.[5] As súas obras tamén se poden atopar noutros museos europeos, como o Musée du Petit Palais de Xenebra ou o Museo de Arte de Basilea, entre outros.

Nos Estados Unidos, teñen obras de Suzanne Valadon o Metropolitan Museum of Art de Nova York,[6] o Museum of Fine Arts de Houston[7] e o Smart Museum of Art de Chicago.[8] Así mesmo, conservano o Museo de Arte Sompo (Shinjuku) e o Museo de Arte de São Paulo.[9]

Galería

editar
  1. "Suzanne Valadon". Encyclopaedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-07-30. 
  2. Ferrer Valero, Sandra (2 de decembro de 2011). "La pintora trapecista, Suzanne Valadon (1867-1938)". Mujeres en la historia. Consultado o 2020-07-30. 
  3. Repertori de catàlegs d'exposicions col·lectives d'art a Catalunya (fins a l'any 1938) (en catalán). Barcelona: Institut d'Estudis Catalans, Memòries de la Secció Històrico-Arqueològica LIX. 2002. pp. 103, 212 e 251. ISBN 84-5273-661-4. 
  4. Centre Pompidou (ed.). "Col·lecció Suzanne Valadon al Centre Pompidou". Arquivado dende o orixinal o 2017-03-20. Consultado o 12/04/2020. 
  5. "L'atelier-appartement de Suzanne Valadon" (en francés e inglés e chinés). Musée de Montmartre. Consultado o 12/04/2020. 
  6. "The Metropolitan Museum of Art" (en inglés). Consultado o 12/04/2020. 
  7. "Museu de Belles Arts de Houston" (en inglés). Consultado o 12/04/2020. 
  8. "Smart Museum of Art" (en inglés). Consultado o 12/04/2020. 
  9. "Museu d'Art de São Paulo" (en portugués e inglés). Consultado o 12/04/2020. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Beachboard, Robert (1952). La Trinité maudite (en francés). París: Amiot-Dumond. 
  • Betterton, Rosemary (1987). "How Do Women Look? The female Nude in the Work of Suzanne Valadon". Looking on. Images of Feminity in the Visual Arts and Media (en inglés). Londres: Pandora. pp. 217–234. 
  • Champion, Jeanne (1984). Suzanne Valadon ou la recherche de la vérité (en francés). París: Presses de la Renaissance. 
  • Dorival, Bernard (1967). Suzanne Valadon (en francés). París: Musée National d'Art Moderne. 
  • Jacometti, Nesto (1947). Suzanne Valadon. Xenebra: Calliez. 
  • Pétridès, Paul (1971). L'oeuvre complet de Suzanne Valadon (en francés). París: Compagnie Française des Arts graphiques. 
  • Rey, Robert (1922). Suzanne Valadon (en francés). París: Nouvelle Revue Française. 
  • Warnod, Jeanine (1981). Suzanne Valadon. Naefels: Bonfini. 

Ligazóns externas

editar