Susanna Kallur

velocista sueca

Susanna Elisabeth "Sanna" Kallur, nada o 16 de febreiro de 1981 en Huntington (Nova York), é unha antiga corredora de valos sueca que gañou o seu primeiro campionato internacional en 2000 como júnior e o primeiro en categoría absoluta en 2005 e dende 2008 posúe a mellor marca mundial nos 60 metros obstáculos. É irmá xemelga de Jenny Kallur e filla do xogador de hóckey sobre xeo Anders Kallur. Ao xogar seu pai na NHL cos NY Islanders, as irmás son tamén cidadás estadounidenses. Kallur, así e todo, medrou e vive en Falun e competiu co equipo local Falu IK .

Infotaula de personaSusanna Kallur

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de febreiro de 1981 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Huntington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Illinois en Urbana-Champaign Editar o valor em Wikidata
Altura170 cm Editar o valor em Wikidata
Peso61 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónvelocista Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaSuecia Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportiva100 metros com barreiras (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2016Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir
2008Xogos Olímpicos de 2008
2004Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2004 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAnders Kallur (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJenny Kallur (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina websannakallur.se Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1739699 IAAF: 14302070 Olympic.org: susanna-kallur Editar o valor em Wikidata
Final dos 100 metros valos no Mundial de Osaka no intre do esprinte final. Kallur co número 887 entrou na cuarta posición.

Traxectoria editar

 
No ano 2011 foi embaixadora[1] na campaña da empresa de enerxía Fortum, o concello de Estocolmo e a Asociación de Atletismo de Suecia para mellorar a seguridade cunha iluminación máis efectiva das pistas de exercicio e outras zonas de adestramento de atletas. Canda ela, primeira á esquerda, actuaron de embaixadores Magnus Arvidsson, Nicklas Wiberg, Yannick Tregaro e Jenny Kallur.

Atletismo de obstáculos editar

Kallur fíxose coñecida no Campionato do mundo júnior de 1998 ao rematar terceira nos 100 metros obstáculos[2], logo logrou o ouro na Copa Mundial Júnior de 2000[3] e no Campionato de Europa sub23 de 2001 [4].

Participou por primeira volta nun campionato internacional absoluto no Campionato do Mundo de 2001 en Edmonton cualificándose para as semifinais[5]. O seu seguinte gran campionato foi o Campionato de Europa de Múnic en 2002 chegando á final, aínda que terminou en sétimo lugar [6]. Na tempada 2003 finalizou sétima na Copa do Mundo de Birmingham[7] en pista cuberta. Durante a tempada ao aire libre, gañou os 100 metros obstáculos en xullo nos Campionatos de Europa sub23 en Bydgoszcz (Polonia) cun tempo de 12.88[8]. En agosto de 2003 clasificouse para as semifinais no Mundial de París dese ano, pero non chegou á final, ao quedar eliminada cunha marca de 12.94. En 2004 participou tanto na Copa do Mundo en pista cuberta de Budapest, onde rematou quinta, como nos Xogos Olímpicos de Atenas nos que logrou chegar ás semifinais.

En 2005 chegoulle a primeira gran vitoria ao gañar os campionatos europeos de 60 metros obstáculos en Madrid[9]. Na Copa do Mundo de Helsinqui en agosto dese ano, quedou eliminada nas semifinais [10]. En setembro participou no Mundial de Atletismo en Mónaco e logrou o cuarto posto con 12.59 [11]. En 2006 fíxose cunha medalla de bronce na Copa do Mundo de Moscova en pista cuberta, á que lle seguiu a vitoria nos Campionatos de Europa de Gotemburgo. Kallur tamén participou no mundial de atletismo, quedando o 10 de setembro cuarta con 12.59. Unha semana despois participou na edición da Copa do Mundo de 2006 en Atenas quedando en segundo lugar en 100 obstáculos cun tempo de 12.77[12]. En 2007 supuxo un novo chanzo na súa carreira ao acadar o ouro nos Campionatos de Europa de pista cuberta de Birmingham e un cuarto lugar no Mundial de Osaka. Ademais, durante a tempada 2007, Kallur conseguiu tres vitorias seguidas na Golden League, e na celebrada en Berlín rexistrou o seu mellor rexistro persoal con 12.49.

Durante a tempada en pista cuberta de 2008 colocouse na elite mundial. O 10 de febreiro de 2008, estableceu unha nova mellor marca mundial en 60 metros obstáculos con 7.68 e bateu a Ludmila Narozjilenkos (logo Ludmila Engquist). Unha lesión na coxa antes das semifinais da Copa do Mundo de Valencia en marzo de 2008 impediulle rematalo[13]. Participou nos Xogos Olímpicos de verán de 2008 mais logo dun bo tempo nas clasificatorias e pasar a semifinais caeu na primeira e non puido chegar á final.

Na tempada 2009 non puido adestrar nin competir por mor das lesións e tivo que renunciar á Copa do Mundo en Berlín. Despois de case dous anos de ausencia en competicións volveu ao máximo nivel o 29 de maio de 2010 en Palafrugell logrando unha marca de 13.13. O 12 de xuño disputou a competición na Diamond League de Nova York acadando o sétimo lugar con 12.78. O 20 de xuño participou nos 100 metros obstáculos nos Campionatos de Europa de Budapest, a súa última competición da tempada ao se abster de participar en campionatos ao aire libre por non adestrar o suficiente.

Volveu ao máximo nivel en 2014 nos 100 metros no Sparbanksspelen de Falun o 26 de xullo cun tempo de 11.92. Como resultado, Kallur participou nos campionatos suecos de principios de agosto e obito o pase á final pero acabou en cuarto lugar, a só 0,02 segundos de Daniella Busk mais da segunda, Hanna Adriansson.

O 31 de xaneiro de 2015 en Karlsruhe nos 60 metros obstáculos quedou cuarta na final con 8.14. Na tempada 2016 en Falun, o 30 de xaneiro, en pista cuberta gañou os 60 metros obstáculos con 7.42 e o 13 de febreiro no Nordenkampen de Växjö finalizou segunda con 7.35, a só 0,01 segundos da norueguesa Ezinne Okparaebo.

Ao aire libre participou no Campionato de Europa de Ámsterdam rematando a súa participación en semifinais cun tempo de 12.96[14]. O 27 de xullo logrou a súa primeira vitoria dende 2010, no GP Folksam de Karlstad con 13.06. Nos Xogos Olímpicos en Río de Janeiro non pasou das eliminatorias en 100 metros obstáculos.

En febreiro de 2017, Kallur anunciou a fin da súa carreira como profesional que rematou o 3 de marzo nos Campionatos de Europa de pista cuberta de Belgrado na proba de 60 metros obstáculos, na que quedou no oitavo posto.

Lisos editar

Aínda que coñecida principalmente como competidora en probas de obstáculos, Kallur tamén competiu en carreiras lisas. En 2002 participou con Jenny Kallur, Emma Rienas e mais Lena Aruhn no equipo de relevos suecos de 4x100 metros nos Campionatos de Europa de Múnic, sen chegar o equipo á final.

Nos Campionatos do Mundo de París 2003 participou no equipo de 4x100 con Carolina Klüft, a súa irmá Jenny e Jenny Ljunggren. O equipo tivo un bo comezo de carreira pero ao final non logrou a clasificación.

En 2005 con Carolina Klüft, Jenny Kallur e Emma Rienas formou no equipo de 4x100 metros. No Gran Premio de Gotemburgo/Folksam o 14 de xuño lograron unha marca de 43.95, superando o límite de clasificación, establecido en 44.00, para a Copa do Mundo. O 26 de xullo lograron unha nova marca sueca, con 43.67, o que lles deu a vantaxe de participar no Mundial. Na Copa do Mundo de Helsinqui, quedaron eliminadas o 12 de agosto malia bater de novo a marca sueca con 43.67 e no Finnkampen, o 27 de agosto batérona de novo, con 43.61.

Nos Campionatos de Europa de 2007 en Birmingham tamén participou nos 60 metros lisos, chegando á final e logrando o sétimo posto tras acadar a súa mellor marca persoal nas semifinais con 7.24.

Tras a retirada do atletismo editar

Kallur traballou na empresa de consultoría ÅF en Falun. Dende 2018 ela e súa irmá Jenny manteñen o podcast Motionsklubben.[15]

En 2019, Kallur foi unha dos famosos que asumiu o reto de ascender unha das montañas máis altas do mundo, o pico Lobuche (6119 m) no Himalaia para o programa Expeditionen da canle sueca TV4. Ela e o director Stefan Larsson foron os únicos participantes que lograron chegar ao cume[16][17]. Os desafíos continuaron co programa Mästarnas mästare da SVT en 2020 [18].

Notas editar

  1. "Fortums nya belysningsprojekt ska ge tryggare motionsområden Stockholm ska bli tryggare och friskare". Arquivado 23 de marzo de 2020 en Wayback Machine. Cision News, 20 de marzo de 2011
  2. "100 metres hurdles women IAAF World Junior Championships (1998)". iaaf.org
  3. "100 metres hurdles women IAAF/Coca Cola World Junior Championships (2000)". iaaf.org
  4. "European Athletics U23 Championships - Amsterdam 2001" european-athletics.org
  5. "100 Metres Hurdles Women 8th IAAF World Championships Edmonton (Commonwealth Stadium), Canada 03 Aug 2001 - 12 Aug 2001". iaaf.org.
  6. "European Athletics Championships - München 2002". european-athletics.org
  7. "60 Metres Hurdles Women - 9th IAAF World Indoor Championships Birmingham (NIA), GBR, Great Britain & N.I. 14 Mar 2003 - 16 Mar 2003". iaaf.org]
  8. "European Athletics U23 Championships - Bydgoszcz 2003" european-athletics.org
  9. "European Athletics Indoor Championships - Madrid 2005" european-athletics.org
  10. "100 Metres Hurdles Women - 10th IAAF World Championships In Athletics Helsinki (Olympic Stadium), Finland 06 Aug 2005 - 14 Aug 2005". iaaf.org.
  11. "100 Metres Hurdles Women - 3rd IAAF World Athletics Final Monaco (Stade Louis II), Monaco 09 Sep 2005 - 10 Sep 2005". iaaf.org.
  12. "100 Metres Hurdles Women 10th IAAF World Cup In Athletics Athína (Olympic Stadium), Greece 16 Sep 2006 - 17 Sep 2006". iaaf.org.]
  13. "100 Metres Hurdles Women - 12th IAAF World Indoor Championships Valencia (Velódromo Luis Puig), ESP, Spain 07 Mar 2008 - 09 Mar 2008". iaaf.org.
  14. "European Athletics Championships - Amsterdam 2016". european-athletics.org
  15. Motionsklubben
  16. "TV4 2019, "Expeditionen: Bergsbestigaren Sanna Kallur"". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  17. "Här avbryter Persbrandt efter läkarens varning"Expressen, 12 de decembro de 2019
  18. "Chockbesked under Mästarnas mästare: 'Känns riktigt jobbigt'". Expressen 7 de setembro de 2019