Abrir o menú principal

Superlúa

lúa chea coincidente co seu perixeo
Superlúa do 2011 dende O Burgo (Culleredo).

En astronomía, unha superlúa representa unha ocasión na cal unha lúa chea se atopa a non máis dun 10% do seu punto máis próximo á terra no percorrido da súa órbita (o perixeo). Isto dáse debido a que a órbita lunar é elíptica e o seu centro non concorda co centro da terra. Nos devanditos casos, apréciase máis grande e máis brillante do normal.

Superlúa chea de 2011Editar

A superlúa chea do 19 de marzo de 2011 estivo a só unha hora do perixeo, a unha distancia de 356.577 quilómetros[1]. Por iso veuse un 14% máis grande e até un 30% máis brillante.[2]

O 28 de marzo de 1993 foi a anterior vez que ocorreu devandito evento. Unha coincidencia tan próxima á perfección só se produce cada 18 anos.[2]

 
Superlúa do 2011 dende Spokane, USA.

MitosEditar

Na cultura xeral, ás veces asóciase este evento con desastres naturais, como terremotos e volcáns, ou mesmo tormentas. Nada disto ocorreu coas anteriores superlúas cheas como a de 1993 ou a case superlúa chea de 2008.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar