Stefan Demurow

(Redirección desde «Stepan Demurov»)

Stefan Antonowicz Demurow[1] (en ruso: Стефан Антонович Демуров), nado en 1871 en Tbilisi, foi un sacerdote católico latino, finado en 1938 na persecución aos católicos na URSS.

Infotaula de personaStefan Demurow
Biografía
Nacemento1871 Editar o valor em Wikidata (152/153 anos)
Tbilisi Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en 1871 en Tbilisi. Entre 1895 e 1902 foi vigairo parroquial en Kutaisi, e até 1904 administrador parroquial en Perekop, e posteriormente administrador parroquial en Bacú.[2][3] Coa reorganización da Igrexa católica na URSS levada a cabo no pontificado de Pío XI, o bispo Michel d'Herbigny nomeouno en 1926 administrador apostólico de Xeorxia, con sé en Tbilisi.[2][3]

O 14 de novembro de 1937 foi arrestado e acusado formalmente co artigo 68 do código penal da RSS de Acerbaixán (segundo Osipova, da RSFS de Rusia)[3], baixo a acusación de actividades de espionaxe a favor de potencias estranxeiras,[2] e foi condenado o 11 de febreiro.[3] Foi executado na noite do 23 ao 24 de febreiro de 1938.[2]

Notas editar

  1. Tamén Stepan Antonovich Demurov, Stefano Demuroff, Stefano Demurov, Stephan Demuroff, Стефан Демуров.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Dzwonkowski, Roman (1998). Losy duchowieństwa katolickiego w ZSSR 1917-1939: martyrologium (en polaco). Towarzystwo Naukowe Katolickiego Uniwersytetu Lubelskiego. p. 209. ISBN 9788386668670. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Osipova, Irina (1998). Si el mundo os odia...: Mártires por la fe en el régimen soviético. Encuentro. p. 225. ISBN 9788474905007. 


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Josef Alois Kessler
(bispo de Tiraspol)
 Administrador apostólico de Xeorxia (diocese de Tiraspol) 
1926 - 1938
Sucesor:
Emmanuil Vardidze
(vigairo xeral de Xeorxia)