Estenogastrinos

subfamilia de insectos
(Redirección desde «Stenogastrinae»)
Estenogastrinos
Stenogastrinae

Niño de Liostenogaster flavolineata
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Hymenoptera
Suborde: Apocrita
Familia: Vespidae
Subfamilia: Stenogastrinae
Bequaert, 1918
Xéneros
Véxase o texto

A dos estenogastrinos (Stenogastrinae) é unha subfamilia de insectos himenópteros da suborde dos apócritos, unha das integradas na familia dos véspidos.

Taxonomía editar

Descrición editar

A subfamilia foi descrita en 1918 polo naturalista estadounidense de orixe belga, especializado en carcinoloxía e entomoloxía, Joseph Charles Bequaert.[1]

Etimoloxía editar

O nome científico Stenogastrinae está formado polo elementos Stenogastr- e -inae. O primeiro é a raíz de nome do seu xénero tipo, Stenogaster (derivado dos termos do grego antigo στενός stenós, "estreito", e γαστήρ gastḗr, "ventre"), e o segundo é o sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfammilias de animais.

Xéneros editar

Na subfamilia recoñécense os seguintes xéneros:[1]

Características editar

Os estenogastrinos teñen unha bioloxía diversa, con especies de comportamento solitario a eusocial. Son véspidos relativamente pequenos, alcanzando unha lonxitude corporal aproximada de entre 1 e 2 cm. No seu hábitat destacan polo seu característico voo elevado. Son de cor marrón escura a negra, con marcas amarelas de diferentes dimensións, sendo difícil distinguir machos e femias na maioría das especies. Os estenogastrinos son delgadas (ao que alude o seu nome cienífico, "de ventre estreito"), coas patas relativamente curtas e un pecíolo delgado e notablemente longo. Os representantes da subfamilia difiren doutros véspidos na combinación das seguintes características:

  • As escamas das ás (tégulas) están moi separadas do lóbulo pronotal (un proceso en forma de lóbulo no bordo posterior do pronoto), sempre máis ancho que o diámetro do lóbulo).
  • Na cabeza, o clípeo adoita estar apuntado á fronte, pero ás veces arredondado.
  • Debido a isto e ás longas mandíbulas, a cabeza aparece triangular cando se ve desde a fronte.
  • Os animais en repouso tamén distínguense doustras avespas polo feito de que perderon a capacidade de pregar lonxitudinalmente as súas ás, e as dobran ao dorso (como o fan as abellas).[2][3]

Distribución editar

Practicamente todos os estenogastrinos encóntrasen nas rexións tropicais do Sueste asiático, na India Oriental, Indochina e as illas de Indonesia, até Nova Guinea.

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Stenogastrinae Bequaert, 1918 en BioLib.
  2. James M. Carpenter & Lien Phuong Thi Nguyen (2003): "Keys to the genera of social wasps of South-East Asia (Hymenoptera: Vespidae)". Entomological Science 6: 183–192.
  3. Henri Goulet & John T. Huber (editores): Hymenoptera of the world: an identification guide to families. Ottawa, Ontario: Centre for Land and Biological Resources Research, Research Branch Agriculture Canada Publication l894/E. ISBN 0-6601-4933-8, p. 214.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
  • Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
  • Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
  • Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
  • Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
  • O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
  • Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
  • Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.

Outros artigos editar