Joseph Charles Bequaert
Joseph Charles Bequaert, nado o 24 de maio de 1886 en Torhout (Flandres Occidental) e finado o 12 de xaneiro de 1982 en Amherst, Massachusetts,[1] foi un naturalista estadounidense de orixe belga.
Nome orixinal | Joseph Charles Corneille Bequaert |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de maio de 1886 Torhout, Bélxica |
Morte | 12 de xaneiro de 1982 (95 anos) Amherst, Estados Unidos de América |
Formación profesional | Doutor en Botánica |
Educación | Universidade de Gante |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, entomoloxía e Malacoloxía |
Ocupación | botánico, entomólogo, malacólogo, naturalista, zoólogo, coleccionista de plantas |
Empregador | Museum of Comparative Zoology (en) Universidade de Houston Universidade Harvard |
Membro de | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Bequaert |
Arquivos en | |
Familia | |
Irmáns | Michel Bequaert |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Joseph Charles Bequaert (en) |
Traxectoria
editarBequaert estudou na Universidade de Gante onde obtivo en 1908 o grao de doutor en botánica.
Desde 1910 a 1912 traballou como entomólogo na Comisión Belga sobre a enfermidade do soño.
Desde 1913 a 1915 traballou como botánico no Congo belga, onde ademais realizou recoleccións de moluscos.
En 1916 migrou aos Estados Unidos de América. Desde 1917 a 1922 foi investigador asociado no American Museum of Natural History (Museo Norteamericano de Historia Natural). Naturalizado estadounidense en 1921, ensinou entomoloxía na Harvard Medical School.
Desde 1929 a 1956 foi conservador de insectos no Museum of Comparative Zoology (Museo de Zooloxía Comaperada), onde ocupou a "cadeira Agassiz" de zooloxía desde 1951 a 1956.
En 1959, Bequaert foi elixido presidente da American Malacological Union (Unión Malacolóxica dos Estados Unidos). Deixou estas funcións en 1956 en que se traladou a Houston onde impartiu clases de zooloxía na súa Universiade até 1960.
Xunto con Walter Bernard Miller publicou The Mollusks of the Arid Southwest (Os moluscos do árido suroeste) en 1973.
Bequaert foi membro de diversas sociedades científicas, como a Sociedade Zoolóxica de Francia, a Sociedade Entomolóxica dos Estados Unidos de América, a Real Sociedade Belga de Entomoloxía, a Sociedade Belga de Medicina Tropical, o Instituto Real Colonial de Bélxica, a Koninklijk Natuurwetenschappelijk Genootschap Dodonaea (Real Sociedade Científica Dodonaea, dos Países Baixos), a Sociedade de Historia Natural de África do Norte, entre outras.
Algunhas publicacións
editar- 1927. Pilsbry, H. A.; Bequaert, J. C.; Lang, H. & Chapin, J. P.: "The aquatic mollusks of the Belgian Congo. With a geographical and ecological account of Congo malacology". Bulletin of the American Museum of Natural History 53 (2): 69–659.
- 1931. Bequaert, J.: "The genus Lasia (Diptera, Cyrtidae) in North America, with descriptions of two new species". American Museum Novitates 455: 1–11.
- 1933. Bequaert, J.: "Description of a new North American species of Lasia (Diptera, Cyrtidae)". American Museum Novitates 617: 1–2.
Honores
editarEpónimos
editar- Botánica
En honor de Bequaert nomeouse o taxon Bequaertiodendron magalismontanum (Sond.) Heine & J.H.Hemsl, hoxe clasificado como Englerophytum magalismontanum (Sond.) T.D.Penn.
- Entomoloxía
Bequaert foi honrado con varios nomes de formigas. Na lista adxunta só figuran os nomes válidos (a partir de xullo de 2016).
- Aenictogiton bequaerti Forel, 1913 [2]
- Anochetus bequaerti Forel, 1913 [3]
- Azteca bequaerti Wheeler, 1929 [4]
- Camponotus confluens bequaerti Forel, 1913 [5]
- Cataulacus bequaerti Forel, 1913 [6]
- Centromyrmex bequaerti (Forel, 1913) [7]
- Strumigenys bequaerti Santschi, 1923 [8]
- Crematogaster bequaerti Forel, 1913 [9]
- Dorylus bequaerti Forel, 1913 [10]
- Monomorium bequaerti Forel, 1913 [11]
- Pheidole bequaerti Forel, 1913 [12]
- Phrynoponera bequaerti Wheeler, 1922 [13]
- Tetramorium bequaerti Forel, 1913 [14]
- Herpetoloxía
Bequaert tamén foi honrado cos nomes científicos dunha especie de serpe e dúas de ras:[15][16]
- Philothamnus bequaerti (Schmidt, 1923)
- Phrynobatrachus bequaerti (Barbour & Loveridge, 1929)
- Leptopelis bequaerti Loveridge, 1941
Abreviaturas
editar- A abreviatura Bequaert emprégase para recoñecer a Joseph Charles Bequaert como autoridade na descrición e taxonomía en botánica,[17] e en zooloxía.
Notas
editar- ↑ Clench, W. J. (1982): "Joseph Charles Bequaert". The Nautilus 96 (2): páx. 35.
- ↑ Aenictogiton bequaerti Forel, 1913
- ↑ Anochetus bequaerti Forel, 1913
- ↑ Azteca bequaerti Wheeler & Bequaert, 1929
- ↑ Cataulacus bequaerti Forel, 1913
- ↑ Centromyrmex bequaerti (Forel, 1913)
- ↑ Centromyrmex bequaerti (Forel, 1913)
- ↑ Strumigenys bequaerti Santschi, 1923
- ↑ Crematogaster bequaerti Forel, 1913
- ↑ Dorylus bequaerti Forel, 1913
- ↑ Monomorium bequaerti Forel, 1913
- ↑ Pheidole bequaerti Forel, 1913
- ↑ Phrynoponera bequaerti Wheeler, 1922
- ↑ Tetramorium bequaerti Forel, 1913
- ↑ Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Bequaert", p. 23).
- ↑ Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2013). The Eponym Dictionary of Amphibians. Pelagic Publishing. p. 21. ISBN 978-1-9078-0742-8.
- ↑ Bequaert – Joseph Charles Corneille Bequaert (1886-1982) no IPNI.
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Joseph Charles Bequaert |
Bibliografía
editar- Robert Tucker Abbott (1974): American Malacologists. A National Register of Professional and Amateur Malacologists and Private Shell Collectors and Biographies of Early American Mollusk Workers born between 1618 and 1900. Falls Church, Virginia: Am. Malacologists. ISBN 0-9137-9202-0.