Abrir o menú principal
Clípeo amarelo dunha abella.
Pezas que forman a cabeza dun insecto prototípico, co clípeo de cor turquesa.

O clípeo (do latín clypeus ou clipeus, antigo escudo greco-romano) é un dos escleritos ou pezas do exoesqueleto que forman a "face" dun artrópodo. Nos insectos, o clípeo delimita a marxe inferior da cara, e leva o labro (labrum) articulado ao longo da súa marxe ventral. As mandíbulas rodean o labro pero non tocan o clípeo. A marxe dorsal do clípeo está debaixo doas insercións das antenas antenas. O clípeo está a miúdo ben definido polos sucos (sulci) que hai ao longo das súas marxes laterais e dorsais, e é xeralmente de forma rectangular ou trapezoidal.

O post-clípeo é unha estrutura grande parecida a un nariz que se encontra entre os ollos e constitúe a maioría da parte frontal da cabeza nas cícadas.[1]

Nas arañas, o clípeo defínese xeralmente como a área situada entre a beira anterior do cefalotórax e os ollos anteriores.[2]

NotasEditar

  1. Moulds, Maxwell Sydney (1990). Australian Cicadas. Kensington, New South Wales: New South Wales University Press. p. 10. ISBN 0-86840-139-0. 
  2. Ubick, D.; P. Paquin; P.E. Cushing; V. Roth (2005). Spiders of North America: An Identification Manual. American Arachnological Society.