Stéphane Levallois

historietista francés


Stéphane Levallois é un debuxante de cómics francés nado 25 de agosto de 1970 en París. Traballa en banda deseñada, a cine e tamén en publicidade.[1]

Infotaula de personaStéphane Levallois

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista de banda deseñada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webstephanelevallois.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1375613 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Foi estudante na Escola de Artes Gráficas de Penninghen, onde os seus profesores incluían o cartelista polaco Roman Cieslewicz, e onde despois deu clases de debuxo técnico. Noé é a súa primeira banda deseñada, publicada por Éditions Les Humanoids Associés no ano 2000. Dirixiu unha curtametraxe chamada Carcan e estreada nos cines baixo o nome de Zéro Un.[2]

Despois dos seus estudos, Stéphane Levallois realizou cursos de formación en imaxe xerada por ordenador e asinou carteis e ilustracións de películas. Uníuse á editora de videoxogos Cryo como director artístico.

Ao mesmo tempo, converteuse en guionista e creou deseños para publicidade e cine, traballando para directores como Marc Caro, Jan Kounen, Louis Leterrier, Peter Weber ou Wong Kar-wai.

No campo da publicidade, fixo deseños para Philippe Starck, Bruno Aveillan, John Galliano, Jean-Baptiste Mondino ou Hedi Slimane.

Bandas deseñadas

editar
  • Noé, Les Humanoids Associés coll. " Tohu Bohu ", 2000
  • Monsieur Mouche Volume 2, guión de Jean-Luc Coudray, debuxos de Pierre Clément, Mezzo, Lorenzo Mattotti, Alex Barbier, Serge Clerc, Yoann, Philippe Druillet, Caza, Stéphane Levallois. Publicado por Zampano, 2005
  • Participou na obra colectiva Paroles de verdun, 21 février 1916 - 18 décembre 1916, xunto a Christophe Chabouté, Pascal Rabaté e outros deseñadores. Soleil Productions, 2007
  • Le résistande du Sanglier (A resistencia do xabaril), Futuropolis, 2008
  • Le dernier modèle, Futuropolis, 2007
  • Croc Croc na escola dos pequenos esqueletos, edicións Sarbacane, 2008
  • Raqueta, Futuropolis, 2015
  • Leonardo 2 Vinci, Futuropolis, Louvre Editions, 2019.
  • Les disparues d'Orsay, por encargo del Museo de Orsay.[3]
  • Leonard2Vinci, homenaxe a Leonardo de ciencia ficción encargado polo Museo do Louvre.[4]

Filmes

editar
  • 2002 Carcan. Esta primeira película forma parte dunha selección de dez curtametraxes estreadas nos cines baixo o título Zéro Un (estreada en DVD en febreiro de 2007). Carcan recibiu varios premios en Francia e no estranxeiro, entre eles o premio de curtametraxe Canal +.
  • 2006 : Butterfly, segunda curtametraxe súa.

Ilustracións e exposicións

editar
  • Ilustracións para Cycle d'Oz de L. Frank Baum (Cherche-Midi).
  • Nato Records encomendoulle unha serie de ilustracións para a reedición dos dous discos de Violeta Ferrer Poemas de Federico García Lorca que foron obxecto dunha exposición.
  • En 2009, deseñou para o disco de Jef Lee Johnson The Zimmerman Shadow .
  • Deseñou o libreto de How the light gets in de Fantastic Merlins e Kid Dakota e participou en On the Origin of the World de Tony Hymas.
  • O campo de arroz de Laurence Ottenheimer, ilustracións con Christine Adam inspiradas libremente nas obras do gran pintor xaponés Hokusai, Hachette Jeunesse, 1995.
  • Ilustración para a marca de reloxos suíza Longines, unha bufanda cunha ilustración dunha dama cun sombreiro de plumas e xinetes e os seus cabalos correndo.
  • Goya-Hellboy. Unha visión de iconografía Exposición en Badaxoz, Pamplona e na Afundación da Coruña, do 3 de xullo ao 31 de agosto de 2024, combinando obras orixinais de Francisco de Goya, da serie Caprichos e Hellboy de Mike Mignola, celebrando o 30º aniversario do personaxe.

Videoxogo

editar
  • Traballou de forma independente, sobre todo en Evil Twin, desenvolvido por In Utero para Ubisoft.[7]
  1. MAGNERON, Philippe. "Levallois, Stéphane - Bibliographie, BD, photo, biographie". www.bedetheque.com (en francés). Consultado o 2024-07-06. 
  2. Biras, Jeanne; Campos, Christophe; Creel, Leanna (2003-06-18). "Zéro un". Consultado o 2024-07-06. 
  3. "Les disparues d'Orsay - Stéphane Levallois". Babelio (en francés). Consultado o 2024-07-06. 
  4. "Reseña de Leonard2Vinci. Un gran homenaje de ciencia ficción a Leonardo da Vinci". - Las cosas que nos hacen felices (en castelán). 2022-01-14. Consultado o 2024-07-06. 
  5. "TF1 INFO - Actualités du jour en direct : Actualité en France et à l'International". TF1 INFO (en francés). 2024-07-06. Consultado o 2024-07-06. 
  6. "Exposición GOYA-HELLBOY. Unha iconografía de monstros por Stéphane Levallois, na Coruña - Afundación". www.afundacion.org (en irlandés). Consultado o 2024-07-06. 
  7. "Accueil". www.humano.com (en francés). Consultado o 2024-07-06. 

Véxase tamén

editar