Debuxo técnico
O debuxo técnico é o exercicio de crear representacións precisas de obxectos por necesidades técnicas en enxeñaría e arquitectura. O profesional do debuxo técnico é coñecido coma delineante.

Hoxe en día a mecánica das tarefas de debuxo teñen sido moi aceleradas, a través do emprego de sistemas CADD[1], pero tanto se o debuxo foi feito a man ou coa axuda dun computador, ten que ser reproducible no mundo real.
Existen dous modelos de representación: o método europeo (ou do primeiro diedro) e o método americano (ou do terceiro diedro).[2]
Modalidades editar
Para cada área da tecnoloxía existe unha especialización diferente do debuxo técnico, normalmente traballando con normativas específicas. Algúns exemplos son os que seguen:
- Deseño mecánico - dedicado ao proxecto de máquinas, motores, pezas mecánicas etc.
- Deseño arquitectónico - dedicado ao proxecto de arquitectura, deseño urbano, paisaxismo etc.
Notas editar
- ↑ "Expresión Gráfica/ Tema 2" (PDF). ocw.UV.es/ingenieria-y-arquitectura. Consultado o 4-5-2022.
- ↑ "Guías BAC" (PDF). iessanclemente.net. Consultado o 4-5-2022.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Debuxo técnico |