Sozialista Abertzaleak
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Sozialista Abertzaleak (Socialistas Patriotas) é o nome que tomou o grupo parlamentario formado polos deputados elixidos pola candidatura de Euskal Herritarrok no Parlamento Vasco semanas antes de que o seu partido político, Batasuna, fora ilegalizado. Cando se aplicou a lei de partidos, o Tribunal Supremo ordenou ó Parlamento Vasco a disolución deste grupo, demanda apoiada polo Partido Popular e o Partido Socialista Obrero Español. A Mesa do Parlamento, e o seu presidente Juan María Atutxa non o fixeron, negando ter atribucións para iso. Argumentaban ademais que hai que distinguir entre os partidos políticos e os parlamentarios que os representan. Co tempo os tribunais déronlle a razón.
Sozialista Abertzaleak | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | Nacionalismo vasco |
Data de fundación | 2003 |
Data de disolución | 2005 |
[ editar datos en Wikidata ] |