Sonia Vidal Lamas
Sonia Vidal Lamas, nado en Xunqueira de Ambía en 1984 é unha gandeira, sindicalista e política galega do Bloque Nacionalista Galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1984 (39/40 anos) Xunqueira de Ambía, España |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
2024 – | |
Concelleiro | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | política , gandeira , sindicalista |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Membro de | |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá |
Traxectoria editar
Gandeira. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura de Iniciativa por Xunqueira en Xunqueira de Ambía e foi elixida concelleira.[1] Nas municipais de 2023 encabezou a candidatura do BNG e volveu ser elixida concelleira. Membro da executiva do Sindicato Labrego Galego, foi escollida para formar parte do Comité Coordinador da Coordinadora Europea Vía Campesiña en 2019.[2] Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024 concorreu como número 3 da candidatura do BNG pola provincia de Ourense e foi elixida deputada.
Notas editar
- ↑ Sonia Vidal Lamas. Iniciativa por Xunqueira (2019). Faro de Vigo (en castelán).
- ↑ Sonia Vidal Lamas escollida para formar parte do Comité Coordinador da Vía Campesina en Europa (28/3/2019). sindicatolabrego.gal.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
- Eleccións municipais en Xunqueira de Ambía
- Lista de deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia
Ligazóns externas editar
- Martínez (19/4/2019). “A titularidade compartida non se sabe nin que existe, pese a que é un xeito de que a muller cotice no agro” campogalego.gal.