Soiuz MS-16

misión do programa espacial Soiuz

Soiuz MS-16 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 9 de abril de 2020 mediante o un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Soiuz MS-16
A Soiuz MS-16 acoplada ao módulo Poisk.
TipoTripulada
Data de lanzamento9 de abril de 2020[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 2-1a[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso22 de outubro de 2020[1]
NSSDC ID2020-023A

Características

editar

Soiuz MS-16, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Anatoli Ivanishin, Ivan Vagner e Christopher Cassidy a bordo (a tripulación de respaldo eran Sergei Rizhikov, Andrei Babkin e Stephen Bowen), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Foi a primeira Soiuz tripulada lanzada por un foguete Soiuz 2-1a e unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas, acoplándose ao módulo Poisk e coa tripulación uníndose aos membros das Soiuz MS-15 xa a bordo, cuxa partida marcou o inicio da Expedición 63.[2][3][4][5]

Tras 196 días en órbita, a Soiuz MS-16 desacoplouse do módulo Zvezda o 22 de outubro de 2020, aterrando a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-16" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-16" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 3 June 2020 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (20-04474 (E)). 24 de agosto de 2020: 2. Consultado o 27 de novembro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz-2 rocket lifts off with its first crew" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar