Christopher Cassidy
Astronauta estadounidense
Christopher John 'Chris' Cassidy é un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-127, a Expedición 36, a Expedición 35 e a Soiuz TMA-08M. Pasou un total de 181,96 días no espazo.[1][2]
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xaneiro de 1970 (54 anos) Salem, Estados Unidos de América |
Comandante da EEI Expedição 63 (pt) | |
17 de abril de 2020 – valor descoñecido ← Oleg Skripochka – valor descoñecido → | |
Xefe da Oficina de Astronautas | |
xullo de 2015 – ← Robert L. Behnken | |
Datos persoais | |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Academia Naval dos Estados Unidos (pt) York High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta |
Empregador | NASA |
Carreira militar | |
Rama militar | Armada dos Estados Unidos de América |
Rango militar | lieutenant commander (en) |
Tempo no espazo | 1 ano, 12 días, 11 horas, 59 minutos e 48 segundos |
Misión do astronauta | |
Participou en | |
21 de xullo de 2020 | EVA 4 of Expediion 63 (en) |
Premios | |
Traxectoria
editarCassidy naceu o 4 de xaneiro de 1970 en Salem, Massachusetts. É graduado en matemáticas pola Academia da Armada dos Estados Unidos en 1993 e máster en enxeñería oceánica polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 2000. Está casado e ten tres fillos.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA en maio de 2004, converténdose oficialmente en astronauta en febreiro de 2006. Participou na misión STS-127, a Expedición 36, a Expedición 35 e a Soiuz TMA-08M e pasou no espazo un total de 181,96 días.[1][2]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "Christopher J. Cassidy (Captain, U.S. Navy) NASA Astronaut" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Cassidy, Christopher John 'Chris'" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Christopher Cassidy |