Soiuz 7K-OK

nave espacial tripulada do programa soviético Souiz

Soiuz 7K-OK foi un dos primeiros modelos de nave Soiuz deseñado para misións na órbita terrestre. Estivo en servizo entre 1966 e 1970, con lixeiras variantes.[1][2][3][4][5]

Soiuz 7K-OK
Descrición
Función: Misións na órbita terrestre.
Tripulación: Tres cosmonautas.[1][2][3][4][5]
Dimensións
Altura:: 7,95 m
Diámetro: 2,2 m
Lanzamento Carga útil: -
Retorno de Carga útil: -
Masa no lanzamento: 6560 kg[5]
Volume Presurizado: 9 m3[5]
Enerxía Eléctrica
Fonte: Paneis solares[5]
Tamaño: 9,80 m[5]
Enerxía Xerada: 0,50 kW[5]
Motores a bordo
Motor principal:
Propulsores:
Rendemento
Resistencia:
Apoapse:
Periapse :
Inclinación:
Lanzamento
Sitio de Lanzamento: Cosmódromo de Baikonur
Rampla:
Foguete Acelerador: Soiuz 11A511

Características editar

O desenvolvemento da Soiuz 7K-OK foi aprobado en decembro de 1963, nos inicios da carreira espacial. Non estivo lista ata 1966, en que fixo o seu debut. A 7K-OK foi a primeira nave espacial en facer un acoplamento espacial completamente automatizado xunto cun intercambio de tripulacións entre naves, sentando as bases para as operacións coas futuras estacións espaciais Saliut e Almaz. Tiña capacidade para levar tres cosmonautas a bordo e era lanzada por foguetes Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][3][4][5]

Os tres primeiros voos de proba, non tripulados, estiveron pragados de problemas: o primeiro, denominado Kosmos 133, enviou a nave a órbita, pero esta volveuse incontrolable e o sistema automático de a bordo activou a autodestrucción ao detectar que a aterraxe ía producirse en territorio chinés; o segundo nin sequera levantou voo ao detectar a cápsula, erroneamente, un fallo no lanzamento, activando a torre de escape con persoal aínda na torre de lanzamento e causando unha explosión que matou e feriu a varios; e no terceiro (Kosmos 212) a nave chegou a órbita pero sufriu dalgúns problemas menores e a cápsula de reentrada rematou afundida no mar de Aral. A pesar de todo, o cuarto voo dunha Soiuz 7K-OK foi tripulado por Vladimir Komarov, engalando o 23 de abril de 1967 na misión que sería denominada Soiuz 1. Tras varios problemas en órbita, na reentrada os paracaídas fallaron, coa cápsula tripulada impactando en terra a gran velocidade e matando a Komarov. O desastre da Soiuz 1 significou un atraso de meses no programa tripulado soviético. A 7K-OK foi redeseñada ata ser considerada segura e cumpriría 13 misións posteriores, tripuladas e non tripuladas, con éxito e sen fatalidades.[1][2][3][4][5]

Voos editar

Número[1][2][3][4][5] Data[1][2][3][4][5] Centro de lanzamento[1][2][3][4][5] Misión[1][2][3][4][5] Resultado[1][2][3][4][5] Notas[1][2][3][4][5]
1 28 de novembro de 1966 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 133 (proba non tripulada) Éxito parcial Primeiro voo dun foguete Soiuz 11A511 e dunha nave Soiuz 7K-OK.
2 14 de decembro de 1966 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 136 (proba non tripulada) Fallo
3 7 de febreiro de 1967 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 140 (proba non tripulada) Éxito parcial
4 23 de abril de 1967 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 1 Fallo Komarov morto durante a aterraxe da cápsula.
5 27 de outubro de 1967 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 186 (proba non tripulada) Éxito
6 30 de outubro de 1967 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 188 (proba non tripulada) Éxito
7 14 de abril de 1968 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 212 (proba non tripulada) Éxito
8 15 de abril de 1968 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 213 (proba non tripulada) Éxito
9 28 de agosto de 1968 Cosmódromo de Baikonur Kosmos 238 (proba non tripulada) Éxito
10 25 de outubro de 1968 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 2 Éxito
11 26 de outubro de 1968 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 3 Éxito
12 14 de xaneiro de 1969 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 4 Éxito
13 15 de xaneiro de 1969 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 5 Éxito
14 11 de outubro de 1969 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 6 Éxito
15 12 de outubro de 1969 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 7 Éxito
16 13 de outubro de 1969 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 8 Éxito
17 1 de xuño de 1970 Cosmódromo de Baikonur Soiuz 9 Éxito Último voo dunha Soiuz 7K-OK.

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 2, 5 (7K-OK, passive)" (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 1, 3, 4 (7K-OK, active)" (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 9 (7K-OK, non docking)" (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 6 (7K-OK, non docking, special)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2017. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 5,14 Mark Wade (2017). "Soyuz 7K-OK" (en inglés). Consultado o 18 de setembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar